Empatía cun liberal doutrinario que defende o sufraxio censitario
Chamome Xosé, son un home galego cunha gran paixón pola política e por todo o que poida inflluir na sociedade da que me sinto partícipe. Creo na liberdade, na igualdade xurídica e na participación política dos cidadáns, pero considero que todo ten uns límites. Considérome un liberal, pero doutrinario.
Ademáis de ter unha gran paixón pola política tamén a teño pola escritura, por iso, apartir de agora escribirei todas as conversas e anécdotas interesantes que me ocorran e así nunca me esqueceri delas. A conversa que mantiven onte có meu amigo Adolfo, foi tan interesante que me incitou a facer isto.
Eu, aínda que pareza inverosímil, teño un gran amigo que é progresista. Con el manteño, sempre que nos xuntamos, conversas moi apaixoantes sobre política. Case sempre acabamos enfadados debido a as nosas diferenzas pero deseguida volvemos quedar para imiscuirnos noutra “liorta”.
Unha gran conversa que tiven con el foi a de onte. Xuntámonos nunha taberna á que somos asiduos e entre unha cousa e outra acabamos falando do sufraxio; eu, por suposto, defendía o censitario e él, ¡que insensato!, defendía o sufrxio universal.
-Pero cómo podes defender algo tan conservador como o sufraxio censitario? En que podes basearte para defender ese absurdo?-preguntoume Adolfo enoxado-.
-Qué en que me baso? Teño moitos máis argumentos dos que podes ter ti para defender o sufraxio universal!
-Ti cres? Se estás tan seguro…demóstramo.
-Sen problema. Primeiro déboche recordar que ti e os que pensan coma ti poñedes en perigo a hexemonía das clases altas.
- Bueno…era o que me faltaba por oír!
- Non me interrumpas se non che importa- contestei bruscamente-.
- Disculpa.
-Bueno como iba dicindo vós poñedes en perigo as clases altas ó defender a primacía das Cortes sobre o rei, cando o que debe ser é que o rei conxuntamente cás Cortes represente a nación, e tamén a poñedes defendendo a descentralización municipal e ca vosa interpretación excesivamente ampla das libertades… e por enriba sodes moi amigos de empregar a violencia para alcanzar os vosos obxetivos!
- Estaste desviando do tema! Non ves que non tes argumentos e “vaste polas ramas”?
- Pero será posibel? Que non me interrumpas! Que xa vou ó tema! A ver… respeto o sufraxio… eu considero que debe haber unha certa restricción na participación política, xa que só os homes máis capaces e intelixentes saben o que mellor lles conven porque están máis preparados e polo tanto poderan levar con mior eficiencia os negocios públicos.
- Hai moita xente sen estudos que é moi intelixente é que sabe de sobra o que lle convén. Non todo o mundo tibo a posibilidade de estudar. Parece mentira que penses iso! Ademáis, débese escoitar a vontada xeral, a vontade da maioría da población!-interrompeume exaltado-.
-Iso non é para nada como dís, unha cousa non ten que ver ca outra, e decir, non porque moita xente diga unha cousa esa cousa ten que ser a acertada. Máis vale que o diga menos xente pero que esa esté capacitada, que interveñan nas decisións ós que de verdad lles compete o tema, os que de verdade saben e están involucrados.
-E quenes son eses?-preguntoume con sarcasmo-.
-Os propietarios. Con isto refírome a forza ordenada e non a bruta das masas -respondín con total seguridade-.
-E vergoñoso que poidas decir iso, como se pode ser tan clasista?
-Sen insultar,eh! Qué clasista nin que nada! O sufraxio debe de ser restrinxido, só deben participar os que posúan un determinado nivel económico ou cultural. Sintoo pero é unha verdade coma un puño. Ademáis a clase media é a que está cerca dos pobres e dos ricos, como estamos no medio somos os que mellor representamos a todos. Aínda por riba temos máis benestar, independencia e tempo libre grazas o pago da renda, e ese tempo nos permite reflexionar antes de tomar decisións. Isto, entre outras cousas, non o teñen os que traballan co suor da súa frente. Ademáis se te fixas todo é unha cadea: a riqueza nos da tempo libre e este tempo nos permite enriquecernos aínda maís.
-Que vergoña!!Que insulto a todos os traballadores!!Pero ti non cres que esa riqueza corrompe o derito ó voto?
-Por suposto que non porque esta riqueza ademáis de independencia, de permitirnos ilustrarnos e de darnos tempo libre fai que teñamos un maior arraigo pola cidade.
-Mira non quero discutir xa vexo que non tes remedio, falar contigo e perder o tempo…Ademáis vai estar a miña María preocupada polo que tardo en volver a casa.
-Vaite, vaite, pero non poñas excusas que te vas porque quedaches desarmado.
-Se ti o dis…de ilusións tamén se vive. Deicalogo Xose.
-Vai con Deus amigo-despedinme cun ton cariñoso-. Que teimudos son estes progresistas…-cavilei-.