30/04/08

Análise de resultados das últimas eleccións xerais á luz do noso sistema electoral. Pola xiztoriadora Raquel Vázquez (dos Vázquez de toda a vida)

Moi recomendable esta análise para entrar na comprensión doutros temas similares como as eleccións durante a segunda República ( do que por certo agardamos un próximo estudio por parte dun dos nosos xiztoriadores)
Ah, e coma sempre, picando na esquina superior dereita podedes mirar máis comodamente o traballo. Que o disfrutedes.

Read this doc on Scribd: Sistema electoral Raquel vázquez

29/04/08

Iconografías da IIª República.

Se picades sobre a imaxe unha lupa axudara a ver con máis detalle



As imaxes tomadas da páxina :
http://picasaweb.google.es/jccalpe/GuerraCivilEspaOla

27/04/08

Magnífico trabajo sobre "Luces de Bohemia" by ( que diría Dylan) "sad-eyed lady of the Lowlands"

Read this doc on Scribd: Luces de Bohemia Raquel Vázquez

25/04/08

25 de abril. Revoluçâo dos cravos. Lembrando a Rebeca, Iria e Lito

Get this widget | Track details | eSnips Social DNA

24/04/08

Magnífico trabajo-reflexión de Andrés Val- verde ( pero es para todos los públicos)

Read this doc on Scribd: Kosovo Andrés Valverde

23/04/08

23 de abril día do libro


O novo de Manolo García. ¡No estés triste!




Prueba a ser una nube, a flotar, alcotán sobre praderas.
Prueba a surcar ríos, a luchar por ellos,
A sentirte arcilla y caña de ribera.
Laurel en gota que espejea
Y errar cometa vegetal sin hilos
Prueba a surcar ríos aunque el agua solo llegue a tus rodillas
O te cubra y esté fría.

Verás que hay más
Que la corona de espinas bajo la que te resguardas,
Verás que hay más,
Verás que el mundo gira más…

Por eso no estés triste, amor.
Por eso no estés triste…
Por eso no estés triste amor,
Que no estés triste.

Antes que la tristeza sea de suela de zapato
Humildad y camino
O letra de abecedario,
Ser látigo y restallar a la modorra los sentimientos,
Ladera para que resbalen las penas.

Por eso no estés triste, amor.
Por eso no estés triste…
Por eso no estés triste amor,
Que no estés triste.

Prueba a ser arlequín,
Regalar inasible tu entereza.
Prueba a surcar ríos, a luchar por ellos,
Sentir que reverdeces, que creces en la entrega.
Tropel, caudal de mieles turbias,
Barquito liberado a la corriente.
Prueba a surcar ríos aunque sean ramblas de cantos
Si consigues alejarte de ti misma…

Verás que hay más
Que son rosarios de lamentos bajo los que te marchitas,
Verás que hay más
Verás que el mundo gira más.

Por eso no estés triste, amor.
Por eso no estés triste…
Por eso no estés triste amor,
Que no estés triste.

22/04/08

Cuestionario sobre a sociedade de clases. By Mª Lourdes

(Lembrade que picando no icono de arriba á dereita pódese leer con mellor tamaño)

Read this doc on Scribd: Sociedade de clases Maria Lourdes

20/04/08

Andei por Santiago pisando estrelas na noite...(Luisa Villalta)

video
Andei por Santiago

pisando estrelas

na noite

que as ruas devolveron

con luces e clamores

secretos

na noite.

Andei por Compostela

coa pel das pedras orceladas,

a Rua das Hortas

onde descansan os arcanos

na noite

Ecos barrocos e fidalgos

tocaron os tambores

nas luces das xanelas:

Casas reais e as grandes laxes

como balsas na corrente

cara adiante.

Na noite, un cantigar de fontes

nas ruas embozadas

que espadan entre si:

Rua Nova e Rua do Vilar

como dous brazos amigos

que se apertan no Toural.

Pisando estrelas subo as Pratarías,

Quintana arriba, paro e miro:

O ceu peneira os ecos das esquinas.

E a Berenguela, á alba, absorta aínda.

Luísa Villalta, "Música Reservada".1991

19/04/08

Documentais para a fin de semana. A proclamación da IIª República



13/04/08

Examenes. ¡de ciencias tiñan que ser! Homenaxe ós meus benqueridos alumnos/as de 2ºC(que son mellores que os destes exames)


09/04/08

O tempo dos soños frustrados. By Ux ía




Otilia estivera agardando por Eduardo ata media noite cabilando nos problemas de pago cada vez máis intensos que salpicaban á Quinta Velha do Arranhao. A preocupación podíase ler no seu rostro, como a caida das follas anticipa a chegada do outono. Todo cambiara dende o dia en que, esperanzados, o matrimonio puxera en marcha o proceso de reconstrución do pazo, véndose obrigados a iniciar unha nova vida, onde os luxos da cidade quedaban xa moi lonxanos. Pero agora, ben é certo que todo cambiara, si, xa nada era o mesmo que o día da aterraxe ó pazo que se encontraba na fronteira con Portugal, na fronteira doutro mundo, no límite entre o seguro e o inseguro, có vértigo que isto espertaba.
Tras constantes intentos de buscar posibles solucións que facilitaran a financiación das débedas, Otilia decidira ir para a cama. A ausencia de Eduardo ocupaba parte da súa mente, pero nin sequera unha parte comparble como os negocios.
Eduardo, falto de equilibrio e cun alento que disparaba balas de alcohol, entrou no pazo e subiu con dificultade as escaleiras para ir á habitación. Otilia enterouse da súa chegada, pero nin se inmutou en levantarse. Esperta desde o lado dereito da cama dixo “estas ben?como sempre non?” Eduardo, abrindo a saba para deitarse, respostou “si, durme.Non te preocupes”. Cada vez que chegaba tambaleante pasada media noite respostaba cas mesmas palabras curtas, que enfatizaban as circunstancias do seu estado. Otilia, sabía perfectamente o que ocorria, pero prefería manterse á marxe da situación. Xa non era ninguén para interromper os desexos de Eduardo. Dérase conta da situación. Os lazos que os unían eran cada vez máis febles, aínda que era consciente de que nunca se desatarían. As relacións mutuas entre ambos facíanse cada vez máis insostibles, pero sabían que nada cambiaría.
Á mañá, Otilia espertara ansiosa da chegada de Carlota e O Capitán. Prometeran facer visitas dende o día en que marcharan do pazo, pero xamais recuperaron as relacións tan íntimas que chegaran a ter nun onte fundido en confusións. Agora o interesante cambiara ó completo de dirección. Carlota sabia da situación da Quinta Velha do Arranhao, aínda que O Capitan fora dominado por un mal que o esgotaba e no que según explicaba era capaz de viaxar no tempo. Todos asentían e conpadecíanse da súa enfermidade. Esa tarde, tras os saúdos inmersos de cortesía, dirixíronse á mesa, onde merendaron xuntos, como facían cada anoitecer á beira da lareira. O certo é que perderan todo, menos a educación das súas formas. Carlota recordou os paseos polo parque, as innúmeras fontes, as novidades dos arredores con Otilia pero na súa mente soamente estaba un pensamento; as noites nas que Eduardo atravesaba a porta do seu cuarto e silencioso daballe un tímido bico de boas noites. Agachou a cabeza. Todos calaron. O Capitan, como se a inspiración da divinidade iluminara a súa mente, dixo “recordo aquela madrugada tan longa… todalas notites, nacera él, o noso fillo. Vai ser un bón herdeiro, seino!” e escachou en gargalladas que afogaron no cuarto. Eduardo levantouse da mesa. Parecía que O Capitán, a pesar do mal que devoraba a sua mente nunca poidera superar a infidelidade da sua muller con Eduardo, da que nacera ese neno, desexado polos catro. Otilia nerviosa recolleu a mesa mentras as lágrimas vivas de Carlota descendían como un río pola súa cara. Recordaron todos en silencio a tarde na que o seu fillo afogara, iniciando unha nova etapa nas súas vidas, catro camiños que se distanciaban cada vez máis, ainda que todos partiran da mesma plaza. O Capitán, Tras encarnarse na figura da ficticia paternidade, meses despois da morte do pequeno deu comezo a sua enfermedade. Carlota, víctima tamén da situación so seu marido, desdibuxou a silueta de Eduardo e do seu fillo, dedicandose soamente ó coidado do Capitán tras renuncia á súa propia vida. Xa nada retornaría á pasada normalidade.
Otilia achegouse a terra, bicouna; era o lugar onde dora enterrado o neno. Subiu correndo ó su cuarto, arrimouse á varanda e … deixouse esbaer ó vacio, rememorando nun segundo a historia da sua vida, imaxes sucesivas a modo de peícula, ata que tocou o chan.
Eduardo, dende a biblioteca escoitou un forte tumbo, creendo que se trataba do movemento dos mobles ó limpiar Otilia. Seguiu lendo o xornal dende do mais absoluto silencio.
Carlota, dende o coche, decidiu voltar ó pazo. O Capitán deixara esvaer moitos recordos que estiveran agachados durante moito tempo. Pero non foi capaz e tras xirar a roda do coche, voltou en dirección á súa casa metres O Capitan xogaba cunha moneca de trapo cantando;L “as nenas bonitas están en… estan en…. mamá… onde estanban as nenas bonitas?” Carlota, co rostro empapado de bágoas respostou ” as nenas bonitas estan na Quinta Velha”. Convencido o capitan continuou ” ai lalelo, ai lalalalelo… ai lalelo, ai lalala…..”
Todo cambiara.

Ó dia seguinte Xoan Torres, o panadeiro, encontrou o corpo de Otilia no chan, a carón da fonte onde acostumaba reunirse con Carlota. Carlota marchara a Suiza, tratando que O Capitan se encontrase máis comodo ata o día da despedida, ó caron da súa familia. Acerca de Eduardo non se soubo nada máis; soamente que ese día a cama nin sequera se desfixera, e e que o certo … é que todo cambiara.

Uxía Cagiao Teijo




(post amablemente cedido pola autora dende o seu blogue colectivo "mulleres literatas")

07/04/08

¡Cuando tenga 64!

Sempre me gustou e divertíu esta melodia escarabajiana.
¿e a vos? ¿coñecíala? Vai en "versión karaoke" e en "versión debuxos animados"
¡que a desfrutedes e nos vos 'atusagar' cos exames!



A EMIGRACIÓN VISTA POR...........

Abondando no tema da emigración que estivemos tratando na clase propoño esta cuboadiviña facilíiiiiiiiiiiiiiisima.¿quen ven sendo o autor das imaxes?




E por se non dades con el aquí tedes un dos seus textos máis coñecidos.

…..O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados como era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.
…..Os americanos xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirao do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas en procura do pai ensoñado.
…..De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato, ou aínda mellor portado, e Migueliño sentiu por el un grande amor, e canto máis se achegaba o americano, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o americano pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.
…..Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecía por bicalo a fartar.
…..¡Tiña un porte de tanto señorío! Ai, o americano pasou de largo e nin tan sequera reparou en que o seguían os ollos angurentos dun neno.
…..Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.
…..E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi fraco, metido nun traxe moi frouxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...
…..Aquel si que era o pai de Migueliño.

05/04/08

¿Ulises ou Penélope?


Grazas á suxerencia de Oscar García achégome a dous poemas que me apetece compartir cos/coas fieis lectoras/es (Mmmmm, que políticamente correcto quedou invertir a orde dos xéneros, ¡eh! XDD).
Bueno, a cousa é que no primeiro poema
Xosé María Díaz Castro imaxinaba a Galicia como unha Penélope. A ista imaxe lle resposta Claudio Rodríguez Fer que a identifica máis ben coa figura de Ulises.
Ben,pois aquí tedes para opinar ou simplemente para disfrutar coa poesía.
Penélope.
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoítar a chuva.

Traquerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús Maria!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaíse enterrando, suco a suco, o outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza

Ulises
CLAUDIO RODRÍGUEZ FER.

Un paso adiante e outro atrás, Galicia,
e a tea dos teus soños xa se move.
A esperanza nos teus ollos faise circia.
Ara o tractor e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
estrolla o despertar coma unha uva.
Xa non te envolves en sabas de mil anos,
nin en soños escoitas nunca a chuva

Trouxeron xa os camiños cada día
a xente que levaron. Somos os mesmos.
Suco vai, suco ven , do río á ría
non volveremos xa pagar mais desmos.

Desorballando os prados coma sono,
cruzaremos o espello con Alicia.
Enterraremos sucoa suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro máis, Galicia!

04/04/08

Algo sobre o ferrocarril e a industrialización

Por se serve para repasar.

03/04/08

Outra de versións para opinar. Hotel California.Suxerencia de Diego "Salgueitid"

Orixinariamente dos Eagles (1977)(prehistoria para todos vos xddd)


A versión que suxire Diego en plan "extraño reggae" de Bob Marley


Eagles con Clapton. ¡descubranse ante esta guitarra!


¡versión xitana! Mmmmmmmmmm Nada despreciable........a introducción porque cando empeza a cantar.............


E para rematar ¡sobre gustos....!Psytrance remix of hotel california

02/04/08

segunda entrega de versiones "high and dry"

Non perderse esta versión en son cubano de "El Lele de los Van Van". Especialmente interesante a traducción ( se os profes de inglés permitiran este tipo de traduccicón libre ¿quen suspendería?)Polo demás a versión resulta ata elegante ¡a min gústame

Mesmo atoperi unha curiosa versión na que se mesturan dous grupos e dous cancións nunha soa: The Scientist e Coldplay e . a nosa, high and dry e Radiohead Ei a tedes en youtube.


Coldplay Lyrics

2º E Notas do test.


cualificacións do test do mércores no 2ºE. Mirar no taboleiro de anuncios.
Noraboa polos resultados.

blogger templates 3 columns | Make Money Online