Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

26/9/11

Big mouth strikes again

Deixamos sonar de fondo a magnífica Big Mouth Strikes Again dos Smith  e comezamos esta nova temporada de xiztoria ( recoñezo que cun chisquiño de "blogpereza") que, por certo, vai coincidir co segundo centenario da "Consti" de Cadiz ("pisha") ¡nada menos!
Este ano traballarei en todos os cursos (4ºESO, 1ªBAC e 2ºBAC) coa historia contemporánea así que... ¡de luxo! Agardo que este blog poida seguir sendo de utilidade para o estudio da materia e, sobre todo,  de incentivo para ampliar e disfrutar ( na  medida do posible) dos lindeiros poetico-literario-cinematográfico-musicales da historia.

Arrancamos cunha cita que de paso é invitación a non esquecer as propostas  de lectura no blog amigo "documenta mínima" . Del tomamos a seguinte cita de Ciorán  que sitúa as nosas propias vidas e as das colectividades que configuran a historia nunha perspectiva realista que non deixa de facermos pensar.


Según Novalis, de nosotros depende que el mundo sea conforme a nuestra voluntad.
Eso es exactamente lo contrario de lo que se puede pensar y sentir al final de una vida y, con mayor razón, al final de la historia...
 Goya, "Duelo a garrotazos" (lembro que era a imaxe de portada do noso anterior libro de 2º BAC)

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...