Xiztoria comeza ter un tempiño e non queremos que se perdan no polvo dixital dos arquivos do blog algúns traballos que poden ser utiles para os que chegan novos ata aquí. Así que rescatamos en forma de enlaces algunhas cousas que tiñamos sobre o tema que acabamos de rematar. O Antigo Réxime.
Posiblemente a Francia de Luís XIV sexa un dos mellores exemplos de monarquía absoluta. A Coroa, a persoa do Rei invadeo todo. Francia é unha grande escea na que o rei actúa.Versalles o esceario privilexiado pola presencia do rei ordenado nas estancias e nos xardíns a maior gloria do rei e da monarquía absoluta. O teatro da man de Molieré, a música e a danza con Jean Baptiste Lully completan a escenografía ao servizo da exaltación do poder absoluto de Luis.
O salón do trono está decorado nas paredes e teitos co mesmo tema solar-apolíneo.
Lully escrebe unha "opera": "Phaeton" sobre o fillo de Apolo quen nun larde de soberbia quixo conducir o carro solar do seu pai e ante os males que producía (o deserto do Sáhara, a cor dos etíopes,etc XDDD jeje)tivo que ser derribado e morto polo propio Zeus.¡Ollo! ¡Aviso aos herdeiros, aos aspirantes ao poder con presa...!
O sol que segue un curso constante e útil, que dá a vida, que rodeado de esplendor da luz aos outros astros e disipa a escuridade, e con ela o caos e a anarquía, que está en constante movemento pero á vez transmite tranquilidade, que todo o ve.Todas estas imaxes son argumentadas polo propio Luís XIV para xustificar a elección do emblema solar para o seu reinado. Coas súas palabras "por ese curso constante e invariable que nunca se aparta nin se desvía jamás, é con seguridade a máis fermosa imaxe dun monarca". Como explicou Peter Burke ("La fabricación de Luis XIV, Ed. Nerea, 1992) a analoxía dos rei francés co astro rey ten un sentido místico. O sol é "inaccesible á observación e ao mesmo tempo desempeña a importante función de "naturalizar" a orde política, de facelo aparecer tan inevitable e incuestionable como a natureza mesma"
Como ilustración a todo isto recupero as imaxes que vimos ca clase, a danza do rei sol da película "Le roi dance"
O texto das imaxes, para que vos axude a entedelas, é o seguinte: Poder…
Placer…
Luz…
Mientras asciende la luz del sol, aún en el alba de su fuego, ya entonces el honor (corona laurel+reverencia das personaxes) sigue su luminoso rastro
Su estela es seguida a donde vaya, la gracia y la victoria (varal e palma)
El favor(corno da abundancia), el renombre (trompeta) y la paz (palma) se unen al coro universal para celebrar al que con sus rayos divinos hace reinar sobre la tierra la vida… y la luz