
Nas esculturas dos xardíns de Versalles atoparemos referencias constantes a Apolo-Helios: conducindo a cuádriga e saíndo do mar, descansando na gruta de Tetis no solpor de cada día e atendido polas ninfas .

O salón do trono está decorado nas paredes e teitos co mesmo tema solar-apolíneo.
Lully escrebe unha "opera": "Phaeton" sobre o fillo de Apolo quen nun larde de soberbia quixo conducir o carro solar do seu pai e ante os males que producía (o deserto do Sáhara, a cor dos etíopes,etc XDDD jeje)tivo que ser derribado e morto polo propio Zeus.¡Ollo! ¡Aviso aos herdeiros, aos aspirantes ao poder con presa...!
O sol que segue un curso constante e útil, que dá a vida, que rodeado de esplendor da luz aos outros astros e disipa a escuridade, e con ela o caos e a anarquía, que está en constante movemento pero á vez transmite tranquilidade, que todo o ve.Todas estas imaxes son argumentadas polo propio Luís XIV para xustificar a elección do emblema solar para o seu reinado. Coas súas palabras "por ese curso constante e invariable que nunca se aparta nin se desvía jamás, é con seguridade a máis fermosa imaxe dun monarca". Como explicou Peter Burke ("La fabricación de Luis XIV, Ed. Nerea, 1992) a analoxía dos rei francés co astro rey ten un sentido místico. O sol é "inaccesible á observación e ao mesmo tempo desempeña a importante función de "naturalizar" a orde política, de facelo aparecer tan inevitable e incuestionable como a natureza mesma"
Como ilustración a todo isto recupero as imaxes que vimos ca clase, a danza do rei sol da película "Le roi dance"
O texto das imaxes, para que vos axude a entedelas, é o seguinte:
Poder…
Placer…
Luz…
Mientras asciende la luz del sol, aún en el alba de su fuego, ya entonces el honor (corona laurel+reverencia das personaxes) sigue su luminoso rastro
Su estela es seguida a donde vaya, la gracia y la victoria (varal e palma)
El favor(corno da abundancia), el renombre (trompeta) y la paz (palma) se unen al coro universal para celebrar al que con sus rayos divinos hace reinar sobre la tierra la vida… y la luz
No hay comentarios:
Publicar un comentario