Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com
Mostrando entradas con la etiqueta revolucion Industrial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta revolucion Industrial. Mostrar todas las entradas

24/1/13

Hard Times, Ch. Dickens 2.

 Coketown was a town...

 


Gracias a Marisa, lectora este año en el IES Francisco Aguiar que ha puesto toda su alma en esta lectura.

Hard Times, Ch. Dickens

¡What I want is Facts....!


 
Gracias a Marisa, lectora este año en el IES Francisco Aguiar que ha puesto toda su alma en esta lectura.

8/2/12

A Primeira Guerra Mundial no tránsito do século XIX ó século XX


Refundindo un traballo de Lucía Díaz e Elaine Monteagudo esta oresentación da Iª Guerra Mundial como bisagra entre dous mundos o do século XIX e o do XX

A Primeira Guerra Mundial  foi un conflicto clave para a comprensión da historia contemporánea. Por unha banda, nel conflúen unha serie de aspectos propios do século XIX. A modo de remate final a Gran Guerra recollía as evolucións do século XIX en ámbitos tan substanciais como:
·        o nacionalismo
·        a Revolución Industrial e
·        o Imperialismo.
Aspectos que fixeron dista Guerra un conflicto con rasgos totalmente peculiares. E, ao remate da mesma, o xiro que se experimenta na política mundial abre un periodo completamente diferente do anterior á guerra.

 Se partimos da análise das evolucións que conducen á Guerra, chámanos a atención, por unha banda, a crecente rivalidade entre nacionalismos. Atopámolos unificadores, que buscaban reunir  nacións, como no caso de Italia ou Alemaña, ou disgregadores que buscaban a separación de territorios-nacións  dos Estados nos que se atopaban, como no caso de Bélxica ou as nacionalidades no Imperio Austro-Hungaro. A rivalidade entre estes nacionalismos cada vez máis agresivos con proxectos expansionistas como o panxermanismo ou o paneslavismo ou proxectos revanchistas como o francés irá tensando a situación ata desembocar no estalido dun conflicto que foi un chamamento nacionalista á defensa das respectivas patrias ameazadas polo inimigo.
 Outro destes aspectos que prepara a guerra é o imperialismo, que expandiu os imperios europeos por todo o planeta, cos correspondentes enfrontamentos  entre eles por colonizar algúns territorios. Unha parte da explicación da Guerra é a rivalidade colonial que se incrementa dende a Conferencia de Berlín e, sobre todo, dende a nova política do Keiser alemán, a “Weltpolitik”.
 Por último, o derradeiro aspecto é a situación social e económica derivada da Segunda Revolución Industrial que extendeu o modelo industrial a escala planetaria  estimulando así un aumento da rivalidade económica entre as grandes potencias industriais.
Estes dous últimos factores, a  II Revolución Industrial e o incremento da expansión imperialista, fixo que a rivalidade entre as grandes potencias fose cada vez maior. Por unha banda os obxectivos colonizadores chocaban uns con outros producindo enfrontamentos, e pola outra, o proteccionismo comercial reducía o mercado que era cada vez máis cativo e as industrias loitaban para poder manter o seu mercado fronte ás produccións doutras potencias industriais.

O resultado desta conflictividade crecente,  nacionalista, colonial e económica desencadeará a I Guerra Mundial. Unha guerra que, en consecuencia, estalará cun contido nacionalista moi importante; será a primeira guerra auténticamente industrial da historia e na que aos escenarios bélicos coloniais  engadiranse aos europeos e, ademáis,  ao remate do conflicto producirase unha redistribución das colonias dos paises derrotados.


 O mundo, logo da  Primeira Guerra Mundial, non podía ser igual.
A Guerra provocou no territorio europeo unha grande crise económica derivada dos gastos de manutención e militares da guerra, e unha decadencia de Europa unida a unha dependencia de Estados Unidos,  o que derivará, nos anos 30, nunha Gran Depresión, a máis grave, ata daquela, vivida polo capitalismo industrial.
Ademais, o impacto político do conflicto nos paises  belixerantes provocará unha crise nos modelos liberais que loitaban por achegarse a modelos democráticos, iso propiciará tamén nos anos 30 o xurdemento dos totalitarismos, tanto de dereitas como de esquerdas.

Como remate, o impacto moral, ante a visión da dureza do conflicto, provocou unha crise na mentalidade das sociedades europeas. Empezouse a cuestionar o modelo racionalista e optimista de orixe ilustrada e liberal e a crenza na superioridade moral da civilización europea . Crise ista  completada cunha perda crecente  do protagonismo mundial de Europa fronte a novas potencias extraeuropeas,  especialmente Estados Unidos.

17/1/11

Empatías. Imaxes históricas. A voz a pon Iria López




Ía pola rúa.Unha rúa bastante gris,gris coma o fume que saía da fábrica na que traballaba.Non me gustaba aquel traballo,pero era todo o que podía facer pola miña familia,pois non pedían a cualificación que non tiña.A miña muller traballaba polas noites na mina de carbón,e eu polo día na fábrica de fiados.Era unha vida horrible.A fábrica era un sitio escuro e con mal ambiente,pero non podía enfermar,porque necesitaba o me pequeno salario para vivir;os gastos levábanme todos os cartos.Non podía pagar a educación da miña filla de tan só dez anos,entón ela traballaba ás veces no pozo de Gawber.Moitas veces...soño con algún día poder aforrar e mellorar socialmente.

16/1/11

Empatías. Imaxes históricas. Texto de David Martínez

Empatías. Imaxes históricas. Alejandro e Vanesa poñen a voz


Hoy como todos los días tengo que ir a trabajar a la fabrica con las demás madres y mujeres de este pueblo.
No tengo un buen trabajo ,lo sé, pero desgraciadamente me toca trabajar todos los días desde las 7 de la mañana hasta las 7 de la tarde para poder alimentar a mis hijos, aunque sea con lo mínimo.

-Lo has oído no, tenemos que trabajar más rápido para aumentar la producción.
-Lo peor de todo es que con lo que nos pagan no nos llega ni para comprar el pan.
-Al parecer el hijo pequeño de Amalia ha muerto, pero todavía no se sabe por qué.
-La verdad, parece que ella tampoco va a aguantar mucho más. Su crio moriría de hambre o por cansancio de tanto trabajo.
-No solo ella, si esto sigue así todos acabaremos igual, no entiendo como el gobierno sigue mirando hacia otro lado mientras su país se muere a costa del beneficio de los empresarios.
-Shhh!! Calla! Viene el supervisor, si te escucha hablando te multará.

Lo que me dan por trabajar no me llega para mas que sobrevivir ese día.
Aunque se que es lo que me toca a mi y a todas las mujeres como yo, sigo parándome mientras trabajo para mirar por la ventana y soñar con ser una de esas mujeres ricas.

Textos de Alejandro Rodríguez y Vanesa Vidal

7/12/10

“AS RAZÓNS DO PAPEL DE GRAN BRETAÑA NA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL”

En Gran Bretaña desenvolvéronse unha serie de elementos, coñecidos como precondicións, que favoreceron que surxiran os cambios do sector secundario propios da Revolución Industrial. Así, este conxunto de precondicións que estimularon o desenvolvemento foron fundamentais e constituiron a base sobre a que se cimentou dita revolución.

Unha destas precondicións foi a protoindustrialización; caracterizada por organizar a actividade agraria cá textil artesanal orientando sempre os productos ó comercio. No texto de Gueston, R. (1823) podemos observar a evolución nos sistemas de producción. Inicialmente existían sistemas rudimentarios nos que todo o proceso productivo se situaba no local de traballo do encargado de elabora-los productos, basándose por exemplo na producción total dos tecidos (posto que o algodón constituiu a materia prima fundamental na Revolución Industrial). Como ben cita Gueston “dende o tratamento inicial das materias primas ata a saída como tecido, fanse na casa do tecedor”. Posteriormente, esta situación “monoproductiva” desembocou noutra denominada Domestic system na que se producían as materias primas nas fábricas, como o fiado dos tecidos, e tratábanse no domicilio como o propio tecido. Finalmente este proceso acadou o seu máximo desenvolvemento ó cegar o sistema de producción característico da Revolución Industrial; o Factory system; basado nunha gran concentración de traballo e capital (“tódalas operacións, que poñen en xogo medios moito mási complexos e amplos, desenvolvéronse nun só edificio”), o emprego da maguinaria e existencia dun mecanismo central (“Nas fábricas movidas polo vapor, cárdase o algodón, bobínase, fíase e transfórmase en tecido”) e todo baseado sempre nunha división técnica do traballo ca que se logrou un gran incremento da producción (“abonda unha fábrica soa para producir tanta cantidade de metros para o que antes se precisaba a man de obra de toda a rexión”). Esta protoindustrialización xerou riquezas que contribuiron ó aumento da poboación. Non obstante, contribuíu ó crecemento xa que permitiu a existencia de aforro e estimulou á inversión ademais de lograr favorecer ó comercio gracias a un maior consumo derivado das riquezas acumuladas. Así, aportou tamén tecnoloxías que se aplicaron á industrialización.

No texto do Censo de Gran Bretaña (1851) podemos observar o gran crecemento da poboación xa que aumentou en dez millóns de habitantes a poboación británica. Este crecemento derivou do “crecemento vexetativo” que aumentou gracias ó mantemento da alta natalidade e de melloras alimentarias, sanitarias, hixiénicas... que provocaron un descenso e caída da tasa de mortalidade. Non obstante, no texto destaca tamén o papel da emigración que proporcionou xente ó estado americano e ás colonias. Este crecemento demográfico provocou unha gran demanda de productos industriais estimulando así as actividades do sector secundario e facilitou a disposición e renovación da man de obra para dito sector.

Unha das precondicións de importancia foi tamén a Revolución agraria que grazas ás transformacións e innovacións que esta implantou conseguiu proporcionar capitais para investir na industria, achegoulle man de obra e incluso permitiu proporcionar excedentes cos que alimentou á poboación que estaba merando debido ó desenvolvemento demográfico. Non obstante, conseguiu tamén estimular ó comercio xa que esta revolución agraria supuxo unha gran demanda de productos industriais (máquinas, ferramentas...) que favoreceu paralelamente a determinados sectores punteiros como o da siderurxia. No texto de Middleton (1798) observamos tanto as transformacións técnicas como as relacionadas cá estructura da propiedade da terra. Así, descrebe a función das enclosures ou cerramentos británicos, que transformaron as terras comunais ou baldíos en propiedades privadas e incluso transformacións técnicas como a introducción de novos sistemas de cultivo. Así, as denominadas enclosures permitiron sacarlle un máximo partido ás terras, como ben cita Middleton no texto que, “tendo ó gando en zonas cercadas acadaríase manter a un número maior coa mesma cantidade de alimentos”. Incluso as anteriores terras comunais (common lands) non supuxeron unha solución ó problema do emprego e ca privatización destas terras desenvolvéronse unha serie de innovacións fundamentais para o auxe da Revolución Industrial.

Na Memoria do Conde de Broglie a Luís XVI (1776) observamos a importancia do comercio internacional, adicado á explotación de manufacturas inglesas e encargado da intermediación no comercio cos productos das colonias. Non obstante, no texto cítase a función básica que suponen as colonias, xa que son imprescindibles para o desenvolvemento do comercio e da mariña: “Inglaterra non pode prescindir das súas colonias, pois sen elas non hai un comercio, sen comercio non hai mariña, e sen mariña Inglaterra non pasaría de ser en Europa unha potencia de terceira orde”. Así, as colonias dependían da metrópole xa que o comercio internacional abasteceu a demanda de manufacturas nas colonias. Estas, desempeñaron un papel básico no comecio internacional, xa que gracias a estas, facilitouse a cegada de materias primas como o algodón, ademáis de permitir a acumulación de capital e facilitar a creación dun sistema financieiro. Estes sistemas de financiamento creáronse a través de sociedades para o desenrolo naval que evolucionaron dando lugar a sociedades de préstamo e inversión.

Esta precondición estivo íntimamente ligada cos transportes xa que gracias á sua evolución xeneráronse vantaxes para conectar có exterior e co propio interior mediante a creación de canles e estradas. Este desenrolo facilitou a existencia dun mercado ben artellado no interior e no exterior; gracias tamén á eliminación das trabas legais señoriais ó merado libre como privilexios, monopolios e aduanas. Este artellamento do mercado obsérvase á perfección no texto de Priestley (1831) no que aparece reflexado a busca de novos mercados; “O obxectivo primordial do “Pai da navegación interior británica” ... era abrir as súas valiosas minas de carbón en Coosley e abastecer de arbón á cidade de Manchester...) Estes desenvolvementos do mercado estiveron baseados tamén na cegada de materias primas baratas das colonias cás que se conseguiron beneficios que serraron in incremento das riquezas (“... a un precio moito menor do que poida proporciona-la navegación polos ríos Mersey e Irwell”) Este desenvolvemento das precondicións deu lugar a un proceso de transformacións que afectou á forma de organizar a producción no sector secundario coñecido como Revolución Industrial.

Uxía Cagiao
(traballo orixinalmente publicado no cadernodhistoriacontemporanea no curso 2006-2007)

Algúns conceptos clave. En vellos traballos doutros anos.

Estrangulamentos das innovacións:
É un modelo de evolución tecnolóxica que se deu na Iª revolución industrial, no cal se se producía unha innovación nun dos procesos dun determinado sector industrial, provocaba que outro dos procesos noutra área de producción se innovase para poder adaptarse ás novas mellores na producción. Polo tanto, xenera un proceso de crecemento continuo auto-sostido. Por exemplo, na industria téxtil do algodón, se se deseñaba unha máquina para un mellor fiado, o tecido do algodón non iría ó mesmo ritmo, polo que se necesitaría unha mellora nesa parcela da producción.

Raquel Vázquez (orixinalmente publicado no "cadernodhistoriacontemporanea" no curso 2006-2007)

Coque:
Combustible obtido (por primeira vez en 1709 por Abraham Darby) do proceso técnico de destilación da hulla (carbón mineral) e empregado durante a Revolución Industrial coma fonte calorífica, principalmente na máquina de vapor. Gracias a este combustible mellorouse o rendemento e a potencia enerxética do carbón aplicada, por exemplo, ó proceso de fundición do ferro.

Sabela Caamaño Pérez (orixinalmente publicado no "cadernodhistoriacontemporanea" no curso 2006-2007)

A revolución agraria como precondición:
Durante la Revolución Agraria ( considerada pola maioría dos hitoriadores como unha das precondicións da revolución industrial ) , a máis de transformacións na estructura da propiedade da terra, déronse transformacións técnicas na actividade agraria. Unha delas é a utilización do cultivo intensivo , o cal permitía producir elevados rendementos ós agricultores. Deste xeito xenerábanse excedentes que permitiron alimentar a unha crecente poboación que era, cada vez máis, urbana. Habitante desas cidades nas que constituía a man de obra das fábricas .

Zeltia Cordero (orixinalmente publicado no "cadernodhistoriacontemporanea" no curso 2006-2007)

3/12/10

A Revolución industrial. Un traballo de Diego Salgado.

Rescatamos do primitivo blog "cadernodhistoriacontemporánea" (no curso 2006-2007) un traballo de Diego Salgado Travanca ( futuro psicólogo e vixente destroza pavillóns auditivos) onde comenta dous mapas significativos da Revolución Industrial en Gran Bretaña. Paga a pena miralo, un gran traballo que axudará aos que tedes que examinar o vindeiro xoves a preparar mellor o examen.

Picade na imaxe para ver ampliado e logo nos laterais para pasar páxinas
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...