Refundindo un traballo de Lucía Díaz e Elaine Monteagudo esta oresentación da Iª Guerra Mundial como bisagra entre dous mundos o do século XIX e o do XX
A Primeira Guerra Mundial foi un conflicto clave para a comprensión da
historia contemporánea. Por unha banda, nel conflúen unha serie de aspectos
propios do século XIX. A modo de remate final a Gran Guerra recollía as
evolucións do século XIX en ámbitos tan substanciais como:
·
o nacionalismo
·
a Revolución Industrial e
·
o Imperialismo.
Aspectos que fixeron dista Guerra un
conflicto con rasgos totalmente peculiares. E, ao remate da mesma, o xiro que
se experimenta na política mundial abre un periodo completamente diferente do
anterior á guerra.
Se partimos da análise das evolucións que
conducen á Guerra, chámanos a atención, por unha banda, a crecente rivalidade
entre nacionalismos. Atopámolos unificadores, que buscaban
reunir nacións, como no caso de Italia
ou Alemaña, ou disgregadores que
buscaban a separación de territorios-nacións
dos Estados nos que se atopaban, como no caso de Bélxica ou as
nacionalidades no Imperio Austro-Hungaro. A rivalidade entre estes
nacionalismos cada vez máis agresivos con proxectos expansionistas como o
panxermanismo ou o paneslavismo ou proxectos revanchistas como o francés irá
tensando a situación ata desembocar no estalido dun conflicto que foi un
chamamento nacionalista á defensa das respectivas patrias ameazadas polo
inimigo.
Outro destes
aspectos que prepara a guerra é o imperialismo,
que expandiu os imperios europeos por todo o planeta, cos correspondentes enfrontamentos
entre eles por colonizar algúns
territorios. Unha parte da explicación da Guerra é a rivalidade colonial que se
incrementa dende a Conferencia de Berlín e, sobre todo, dende a nova política
do Keiser alemán, a “Weltpolitik”.
Por último, o
derradeiro aspecto é a situación social e económica derivada da Segunda Revolución Industrial que
extendeu o modelo industrial a escala planetaria estimulando así un aumento da rivalidade
económica entre as grandes potencias industriais.
Estes dous últimos factores,
a II Revolución Industrial e o
incremento da expansión imperialista, fixo que a rivalidade entre as grandes
potencias fose cada vez maior. Por unha banda os
obxectivos colonizadores chocaban uns con outros producindo enfrontamentos, e
pola outra, o proteccionismo comercial reducía o mercado que era cada vez máis
cativo e as industrias loitaban para poder manter o seu mercado fronte ás
produccións doutras potencias industriais.
O resultado desta
conflictividade crecente, nacionalista,
colonial e económica desencadeará a I Guerra Mundial. Unha guerra que, en
consecuencia, estalará cun contido nacionalista moi importante; será a primeira
guerra auténticamente industrial da historia e na que aos escenarios bélicos
coloniais engadiranse aos europeos e,
ademáis, ao remate do conflicto producirase
unha redistribución das colonias dos paises derrotados.
A Guerra provocou no territorio europeo unha grande crise
económica derivada dos gastos de manutención e militares da guerra, e unha
decadencia de Europa unida a unha dependencia de Estados Unidos, o que derivará, nos anos 30, nunha Gran Depresión,
a máis grave, ata daquela, vivida polo capitalismo industrial.
Ademais, o impacto político do conflicto nos paises belixerantes provocará unha crise nos modelos
liberais que loitaban por achegarse a modelos democráticos, iso propiciará
tamén nos anos 30 o xurdemento dos totalitarismos, tanto de dereitas como de
esquerdas.
Como remate, o impacto moral, ante a visión da dureza do
conflicto, provocou unha crise na mentalidade das sociedades europeas.
Empezouse a cuestionar o modelo racionalista e optimista de orixe ilustrada e
liberal e a crenza na superioridade moral da civilización europea . Crise
ista completada cunha perda
crecente do protagonismo mundial de
Europa fronte a novas potencias extraeuropeas, especialmente Estados Unidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario