Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

7/12/10

Algúns conceptos clave. En vellos traballos doutros anos.

Estrangulamentos das innovacións:
É un modelo de evolución tecnolóxica que se deu na Iª revolución industrial, no cal se se producía unha innovación nun dos procesos dun determinado sector industrial, provocaba que outro dos procesos noutra área de producción se innovase para poder adaptarse ás novas mellores na producción. Polo tanto, xenera un proceso de crecemento continuo auto-sostido. Por exemplo, na industria téxtil do algodón, se se deseñaba unha máquina para un mellor fiado, o tecido do algodón non iría ó mesmo ritmo, polo que se necesitaría unha mellora nesa parcela da producción.

Raquel Vázquez (orixinalmente publicado no "cadernodhistoriacontemporanea" no curso 2006-2007)

Coque:
Combustible obtido (por primeira vez en 1709 por Abraham Darby) do proceso técnico de destilación da hulla (carbón mineral) e empregado durante a Revolución Industrial coma fonte calorífica, principalmente na máquina de vapor. Gracias a este combustible mellorouse o rendemento e a potencia enerxética do carbón aplicada, por exemplo, ó proceso de fundición do ferro.

Sabela Caamaño Pérez (orixinalmente publicado no "cadernodhistoriacontemporanea" no curso 2006-2007)

A revolución agraria como precondición:
Durante la Revolución Agraria ( considerada pola maioría dos hitoriadores como unha das precondicións da revolución industrial ) , a máis de transformacións na estructura da propiedade da terra, déronse transformacións técnicas na actividade agraria. Unha delas é a utilización do cultivo intensivo , o cal permitía producir elevados rendementos ós agricultores. Deste xeito xenerábanse excedentes que permitiron alimentar a unha crecente poboación que era, cada vez máis, urbana. Habitante desas cidades nas que constituía a man de obra das fábricas .

Zeltia Cordero (orixinalmente publicado no "cadernodhistoriacontemporanea" no curso 2006-2007)

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...