Esta imaxe resume moi ben a situación social do Antigo Réxime.Mostra os dous estamentos privilexiados subidos sobre unha gran rocha que representa os numerosos impostos que debían pagar os campesiños,dita rocha aplasta a un campesiño.
A escea é reveladora xa que amosa, de maneira metafórica, a gran presión á que estaban suxeitos os campesiños.A razón da súa existencia era non morrer "afogados" polos pagos excesivos que lles facían pasar fame e lles impedían alimentar ás súas familias.
Da mesma maneira a escea amosa a un clérigo e a un nobre como os pincipais e únicos causantes disa "agonía" enriba da xigante pedra.Na imaxe tamén se pode observar un carro que simbolicamente ten forma de cruz, a cruz que ten que arrastrar o campesiño tódolos días da súa vida para poder simplemente sobrevivir.
Salomé Suárez Vilas
No hay comentarios:
Publicar un comentario