Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

6/10/09

Aspectos do Antigo Réxime 2. Unha sociedade ríxidamente xerarquizada...ata o ridículo dos rituais cortesáns

Esta escea que presento de "María Antonieta"(dir. Sofía Coppola) é unha magnífica plasmación do modelo social do Antigo Réxime levado ata o absurdo pola corte de Versalles. Para vestir á raiña era preciso unha chea de xente na que cada quen tiña reservado o privilexio dunha función concreta ( e tan mínima que resultaba absurda a súa presencia). Os privilexios das princesas "de sangue", da xente da familia real...
".-Isto é ridículo.
.-Isto, Madame, é Versalles"

De paso, Sofía Coppola pon en imaxes a tese principal ( ao meu xuizo) da película: María Antonieta máis que culpable de disipación e derroche é víctima. Unha dolescente obrigada a casar cun rei que non lle fai caso e nunha corte onde a espontaneidade xuvenil é imposible polas ríxidas normas da etiqueta cortesá.


1 comentario:

Anónimo dijo...

interesante

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...