Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

30/9/07

Algo de xiztoria, para comezar


Ista é a primeira entrada, escrita con xiz, por suposto, deste novo blog.O que pretende é contar como xurde este novo proxecto que chamamos "xiz-toria". Metidos neste lío estamos os que convivimos nas aulas de 2º de BAC no curso 2007-2008 no IES "Francisco Aguiar" de Betanzos.

Non é ista unha páxina para sesudos historiadores da real Academia ou das Facultades. O obxecto é máis modesto, pero non por iso menos importante.

Escribímola con xiz conscientes de que podemos equivocarnos, que poden faltarnos datos pero...¡que historiador honesto non sinte esta provisionalidade do coñecemento histórico nos seus traballos!


Tamén no ensino medio facemos algo pola historia, mesmo escribindo con xiz: ensinámola, aprendemos ó noso alumnado a querela( con maior ou menor éxito), mesmo somos quen de levar adiante pequenos proxectos de investigación ou de recapitulación. En calquera caso trátase dunha historia lixada de xiz, lixada pero digna, "xizada" pero orgullosa do seu traballo. ¡Ista é a xiz-toria!


No ensino medio tamén pode empezar o labor académico, e cívico, de crear persoas interesadas pola súa historia.Persoas que mesmo percuran nela respostas vitais, que sacan á luz a microhistoria das familias, dos obxectos, dos lugares.E istas son as que chamamos dende aquí "xiz-toriadores/as".



Agardemos que o proxecto vaia adiante coa colaboración de todos .



1 comentario:

matigelmo dijo...

Julián ¡majete! que en mi ordenata ya ha desaparecio la entrada do "Castro do vinte". Aparecen o número de entradas e pincho e non aparece nada de na o "rien de rien".

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...