Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

9/10/07

PRACTIKNDO EL PRIMER TEST

Van unhas preguntas tipo test ( as respostas ó final) e algunhas para escribir pequenos textos.

1. Polos Decretos de Nova Planta…
a. Os monarcas do século XVIII abolían os fueros particulares dos Reinos da Coroa de Aragón e unificaban o seu sistema legal según o modelo de Castilla.
b. Os Borbóns unificaban tódolos Reinos pero mantendo cada un as súas leis e institucións particulares.
c. O Arquiduque Carlos organizaba a Coroa de Aragón trala Guerra de Sucesión de modo que as súas leis facíanse iguais ás da Coroa de Castela, da que Carlos era Rei.
2.O dominio económico dos estamentos aristocráticos sobre o pobo chan baseábase en...
a. Que estes estamentos controlaban o comercio de luxo coas colonias e mais a artesanía relacionada coas Manufacturas Reais.
b. Que nobres e clero poseían a maioría da terras, fonte principal de riqueza, ou dos beneficios que xeneraban,a mais de asegurar esta propiedade con leis de amortización e vinculación.
c. Que a aristocracia era propietaria das amortizacións ou vinculacións de terras, o que lle aseguraba os beneficios do comercio de ultramar, das nacentes industrias de indianas , e das terras da Igrexa.
3.No modelo económico do Antigo Réxime o comercio interior…
a. É moi cativo pola debilidade da demanda interna que proviña do campesiñado.
b. Está centrado no comercio de artigos de luxo provintes das colonias de ultramar.
c. Está bastante desenvolvido gracias ós primeiros intentos de industrialización (indianas)
4.O modelo social do Antigo Réxime organízase…
a. En tres sectores principais:agricultura, artesanía e comercio cada un deles con repercusións na sociedade estamental.
b. Co comercio dos estamentos nobiliarios como clase social dominante e a agricultura relegada ás clases populares campesiñas.
c. En grupos bastante pechados, e regulados por lei, que coñecemos co nome de estamentos.
5. O reformismo Ilustrado propón á sociedade
a. Un cambio radical revolucionario da estructura social, aínda que mantendo o modelo monárquico
b. Unha transformación gradual da política e da economía sen alterar as bases sociais da sociedade estamental e liderado pola inciativa sunha monarquía ilustrada.
c. Un cambio reformista da monarquía absoluta que foi liderado pola clase social da burguesía e buscaba unha reforma tamén da sociedade, pero non da economía.
6. Os pensadores ilustrados propuxeron unha transformación da agricultura...
a. Que estaba baseada na desamortización das terras da Igrexa e a desvinculación das terras da nobreza.
b. Baseada na reforma do sistema de propiedade da terra, por medio da desamortización e desvinculación, xunto coa mellora de aspectos técnicos da agricultura.

c. Na que por medio de Consulados estimulábase a reforma dos sistemas de cultivo (rotación trienal) e o emprego de novas ferramentas que permitían desvincular e desamortiza-las terras de nobres e clero.
7. Pensa:
7.1 ¿en que se parecen i en que se diferencian desamortización e desvinculación? ¿Como xustificaban os ilustrados estas medidas?
7.2 ¿Por que decimos que o despotismo ilustrado non pretendía altera-las bases sociais e políticas do Antigo Réxime?
7.3 ¿Que diferencias podemos destacar entre o proxecto de transformación ilustrado e o liberal do século XIX (modelo cambio e grupo social protagonista)?
Respostas:
1.a;2b;3a;4c;5b, 6b.
7.1Parecense en que ambas pretenden liberar ás terras de ataduras legais para o seu libre comercio como un ben de producción máis. Diferencianse en que a desamortización afectaría principalmente ás terras da Igrexa e a desvinculación ás da nobreza.
Para os ilustrados eran necesarias porque consideraban que o sistema de amortización e vinculación non aproveitaba ben a terra cultivable (falla de interés dos grandes propietarios) e elevaba o prezo da terra libre e os productos que nela se producían impedindo unha mellora da situación económica do campesiñado.
7.2Porque era un proxecto no que o liderado debería seguir nas mans da nobreza, só que ilustrada, para guiar ó pobo, considerado menor de idade,(asecto social), e o instrumento principal desta reforma sería a monarquía, e ista absoluta (aspecto político)
7.3O proxecto ilustrado é un proxecto reformista de cambio gradual e pacífico do Antigo Réxime fronte o modelo liberal que é revolucionario no senso de pretender un cambio radical e a destrucción do modelo do Antigo Réxime.
O proxecto ilustrado foi liderado por sectores da nobreza e o clero axudados polas monarquías, fronte ó modelo liberal que será conducido por un grupo social emerxente e non dominante da sociedade estamental, a burguesía.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...