Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

31/10/07

PREPARANDO O TEST DO VENRES. Ó final solución ó test

1.O fenómeno polo que se pasa en España do modelo do Antigo Réxime ó novo da Idade Contemporánea recibe o nome de…
Pronunciamiento
Despotismo Ilustrado
Revolución liberal
4. Como consecuencia dos sucesos do dous de maio en Madrid…
a. Por toda España se extende unha oleada de resitencia armada contra os franceses e unha parella formación de organos de goberno que non recoñecen ás autoridades por estar supeditadas ós franceses.
b. Napoleón Bonaparte promete ó pobo unha “monarquía dulce e constitucional” , e tratar de acadar a abdicación de Fernando VII, pouco apreciado pola poboación despois de Baiona(5-V)
c. Fernando VII abandona España coa intención de abdicar en José I pero se atopa con que o pobo lle destitúe ó formar juntas de goberno
5.En Baiona ponse de manifesto a crise da monarquía española porque…
a. Fronte ás abdicacións xurde en toda España, empezando por esta vila, o movemento de creación de Juntas de goberno
b. Alí, baixo a presión de Napoleón, a familia real española cedeu ós seus dereitos á coroa de España.
c. Coas abdicacións iniciouse a guerra e revolución da Independencia.
6. O grupo dos afrancesados…
a. Apoia unha volta ó Antigo Réxime porque o modelo que propoñía José I non contiña elemento ningún de reforma política.
b. Apoia á dinastía francesa porque ista trae un programa de reformas herdado da Ilustración e con algúns elementos da revolución francesa.
c. Apoia ós reis desterrados en Francia porque os considera monarcas lexítimos da Coroa de España.
7. O chamado Estatuto de Baiona decretado por José I…
a. Non é propiamente unha Carta Outorgada porque non emana da soberanía nacional ou popular.
b. Realmente non é unha Constitución porque emana da vontade real e non da vontade do pobo soberano
c. Non é, en realidade, nada máis que un texto legal pero sen intención de ser a lei fundamental do país.
9. As diferentes Juntas que asumen a soberanía nos primeiros momentos da guerra de independencia recoñecen…
a. Que dita asunción é debida ós cambios que, finalmente, a Ilustración produxo na maioría do pobo español
b. Que a susodita asunción de soberanía é provocada polas circunstancias concretas que se deron nos primeiros días de maio de 1808.
c. Que asumían a soberanía como unha maneira de lexitimar o intento de toma de poder por parte de José I, pero resultou u fracaso.
10. O decreto das Cortes de Cádiz de 24.IX.1810 “recoñece, proclama e xura por seu único e lexítimo rei a..don Fernando VII de Borbón”, e pouco despois proclama o principio da soberanía nacional. Ambas cousas son…
a. Contradictorias porque non pode ser soberana a nación se aceptamo-la existencia dun rei, que ademáis se declara lexítimo.
b. Posibles só nunha Carta Outorgada coma esta na que a soberanía nacional emana do rei.
c. Compatibles porque a monarquía é un órgano máis do Estado que adquire a lexitimidade pola decisión da nación soberana.
11. NasCortes de Cádiz enfrontáronse principalmente dous grupos con ideoloxías antagónicas:
a. Liberais contra afrancesados
b. Realistas ou servís contra liberais
c. Ilustrados servís contra liberais afrancesados
12. O goberno das zonas contrarias a José I antes das Cortes de Cádiz, o detentaba
a. O poder lexíslativo e o executivo nas mans da Junta Suprema Central
b. Primeiro a Junta Suprema Central, logo o Supremo Consejo de Regencia
c. A Junta Suprema, Consejo de Regencia e máis a Constitución de 1812
13. No modelo liberal, a defensa da separación de poderes responde a unha dobre intención…
a. Afirma-la soberanía popular e salvagarda-los dereitos dos cidadáns.
b. Buscar un contrapeso entre os poderes do estado e que uns controlen a acción política dos outros para evtar abusos e arbitrariedade.
c. Busca-lo equilibrio entre a soberanía do rei e a soberania popular e máis un control da acción do lexislativo, executivo e xudicial.
14. Na Constitución de 1812 dise que “el Rey tiene la sanción de las leyes”, de onde podemos deducir…
a. Que terá a potestade de anular unha lei cando non estea de acordo con ela e mesmo impoñer sancións ós que a promulguen.
b. Que en virtude da separación de poderes o Rei intervén co seu dereito de veto na formación da lei.
c. Que a separación de poderes nesta Constitución é imperfecta ó recoñece-la acción final sobre as leis ó executivo.
15. A debilidade da revolución liberal que se quixo levar adiente coa Constitución como texto legal fundamental para todo o país, veu derivada:
a. Da existencia dun texto alternativo, o “Estatuto de Bayona” que recoñecía igualmente a soberanía nacional e a división de poderes e foi aceptado por unha parte da nación española, os afrancesados
b. Da forte división entre as élites que querían impoñer cambios e da falta dun apoio suficiente por parte do pobo español.
c. Da división entre os afranchutados e os patriotas que propoñían cada quen seu propio texto o que impedíu acadar unha constitución de consenso.

Clave para as respostas:
1c;4a;5b;6b;7b;8b;9b;10c;11b;12b;13b;14c;15b

6 comentarios:

crisisocial dijo...

y las respuestas andandarán?

crisisocial dijo...

¿es aquí dudas online 24 horas? XD
Una pregunta; bueno 2.
¿Por qué al sospechar Godoy que Napoleón, ademas de conquistar Portugal quería conquistar España , propuso al rey la retirada hacia aamérica?
¿y por qué los reis se transladan a aranjuez?

Lucía

crisisocial dijo...

reis? XD reyes queria decir

Anónimo dijo...

Para hacerte hablar xD

julián dijo...

Dudas online "twentyfourlittleshours" ó seu servizo.
Retira ós reises XD para América como unha forma de protexe-las súas reais persoas. A máxima autoridade do estado ten en compoñente simbólico que así quedarñia protexido alexandoo do perigo.
O de Aranjuez é simplemente porque se traat de irse de Madrid pero non alexarse de máis y en Aranjuez hai un dos "sitios reais" das casa de recreo dos reises.
Por certo, as respostas non sei que fixen que as marquei en curviva pero non apareceron. Agora as poño.
Bye

Lu* dijo...

gracias dudas online XD

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...