Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

15/11/07

PRACTICANDO EL TEST. 1814-1840

1. Logo da revolución progresista do verán de 1835 o ministro Mendizabal trata de reconducir a guerra contra os carlistas...
a. Derrotando ós revolucionarios e reformando o sistema de recrutamento
b. Reformando o sistema de recrutamento e desamortizando bens da Igrexa
c. Desamortizando bens eclesiásticos e firmando o Convenio de Vergara

2. O Estamento de Próceres no Estatuto Real é..
a. A Cámara co-lexisladora co de Procuradores, de designación Real
b. A reunión das duas Cámaras lexisladoras
c. A Asemblea lexislativa de eleccion censitaria

3.O Estatuto Real non é propiamente Constitución porque...
a. Emana da tradición lexislativa do Antigo Réxime e da vontade real.
b. Emana conxuntamente do Estamento de Prócer e de Procuradores
c. Emana da Nación pero no articulado dá todo o poder ó monarca

4.A importancia da reforma de Javier de Burgos deriva principalmente de que con ela...
a. Tentábase a homoxeneización territorial
b. Impúxose o respecto ó foro vasco-navarro
c. Descentralízase o Estado en provincias
5. A posición da fidalguía galega apoiando ó carlismo deriva principalmente...
a. Da oposición á división provincial de 1833
b. Da súa oposición ó liberalismo económico
c. Da oposición ó foralismo

6. Canto á forma de concebi-la organización territorial do Estado español,o carlismo opoñía...
a. A defensa dos gremios ó liberalismo económico
b. A defensa da herencia medieval á restauración foral dos liberais
c. A defensa dos fueros de orixe medieval á unificación e centralización lexislativa liberal

7. O grupo social que protagonizou a emancipación das colonias españolas en América foi
a. O coñecido como grupo crioulo, que eran aristócratas de orixe americana con títulos nobiliarios e grandes propietarios de terras.
b. O grupo dos liberais e masóns que aportaron a ideoloxía precisa para reivindica-la independencia. salvo Arxentina, onde foi a aristocracia terratenente a protagonista.
c. O grupo dos crioulos, descendentes de españois, con ideoloxía e modos de vida burgueses,aínda que tamén eran terratenentes
8. Unha das causas que finalmentente desencadea a emancipación das colonias españolas en América foi…
a. O baleiro de poder que se crea en España pola invasión francesa e a abdicación do Rei.
b. A presión exercida nos séculos XVII e XVIII polos británicos sobre o comercio colonial.
c. A tendencia dos territorios independizados a fragmentarse, fronte ós desexos de Bolivar.
9. Á chegada de Fernando VII, logo da guerra civil , encontra o apoio como rei absoluto
a. Da burguesía campesiña, nobres e alto clero
b. Dos altos cargos do exército, nobres e alto clero
c. De nobres, alto clero, altos cargos do exército e a maioría do pobo.

10. A frase: “marchemos francamente, y yo el primero por la senda constitucional”, foi pronunciada por…
a. Fernando VII ó chegar a España en 1814 logo da Guerra de Independencia e a Constitución de Cádiz
b. Fernando VII obrigado polo pronunciamento de Riego en 1820 a acepta-la Constitución de 1812
c. Félix Rodriguez dela Fuente(senior), o primeiro naturalista que abríu rutas de sendeirismo.
11 Os modelos de monarquía que se deron no reinado de Fernando VII foron:
a. Constitucional entre 1812 e 1820 e, despois, entre 1820 e 1823 durante o Trienio Liberal; absoluta no periodo inicial de goberno en 1808 e na década ominosa, entre 1823 e 1833
b. Inicialmente absoluta ó acada-lo trono tra-lo motín deAranjuez ata que abdica en Bayonne i entre 1814-1820 e 1823-1833, logo a Constitución de 1812 o recoñece como Rei na Guerra e no Trienio
c. Constitucional entre Aranjuez y Bayonne, absoluta durante o sexenio absolutista e a ominosa década, cun intermedio constitucional entre 1830 e 1833, no Trienio Liberal.
12. O “pronunciamento” como modo de actuación típico da revolución burguesa en España implica…
a. A presión do exército para acadar un cambio de Goberno, ás veces acompañado de revoltas urbanas e dando lugar a un réxime civil
b. Que un grupo de militares fai forza contra o goberno para acadar o poder e dando lugar normalmente, a unha dictadura civil ou militar
c. Unha actuación na que os elementos militares do goberno alzanse contra os elementos civís para acadar unha reforma social burguesa.

13. Como consecuencia do proceso de emancipación das colonias españolas a principios do século XIX
a. O territorio colonial español queda reducido a Filipinas, Cuba e Porto Rico
b. As colonias españolas desaparecen totalmente en América,quedan en Asia:Filipinas,Porto Rico
c. España acepta a independencia das colonias en América a cambio da axuda contra Napoleón.

14. O manifesto dos Persas foi entregado a FernandoVII
a. Por deputados liberais que reclamaron en 1823 a apaertura do réxime absolutista.
b. Por deputados absolutistas en 1814 pedindo a derogación da Constitución de 1812.
c. Polo do Congreso de Verona ofrecendo a intervención dos “10.000 Fillos de San Luís”

15 As causas do fracaso do Trienio Liberal son…
a. A revolta liberal encabezada polos “persas”, e a invasión dos “100.000 Fillos de San Luis”
b. As divisións entre os liberais moderados e exaltados, e a invasión dos “Fillos de San Luis”
c. As conspiracións dos realistas e o Rei, xunto á división entre os liberais e a invasión decidida polas potencias absolutistas europeas.
16. O modelo de organización dos territorios coloniais españois ó que aspiraban algúns dos lideres da emancipación era a creación…
a. Dun conxunto de estados que estiveran basados nos estados prehispánicos (Incas, mayas)
b. De estados respetando a distribución da poboación indíxena.
c. De grandes unidades federais,co modelo dos EEUU



SOLUCIÓNS.

1b, 2ª,3ª,4ª,5b,6c,7c,8ª,9c,10c(jeje, noon) b, 11b,12a ,13a, 14b, 15c, 16c

6 comentarios:

crisisocial dijo...

dudas online por favor? XD
no entiendo en la respuesta correcta de la 11 la últiam aprte que dice:
logo a Constitución de 1812 o recoñece como Rei na Guerra e no Trienio??

lu

julián dijo...

Parece que non está suficientemente clara a redacción?
En primeiro lugar as outras dous non son posibles porque en ambas se dí que entre o Motín de Aranjuez e Baonne é rei constitucional (¡imposibol! ¿Con que constitución? este breve espazo de meses(marzo-maio o rei é tan absoluto ocmo todos no Antiogo Réxime)
Respecto a resposta "B" que, daquela é a única que non contén erros, quere dicir que hai dous grandes momentos en que Fernando é Rei absoluto: antes da guerra de Independencia e no sexenio e a década ominosa."Inicialmente absoluta ó acada-lo trono tra-lo motín deAranjuez ata que abdica en Bayonne i entre 1814-1820 e 1823-1833". Sólo hai dous periodos Constitucionais que veñen da man da "Constitución de 1812": no que é Rei constitucional "na Guerra [de Independencia] e no Trienio"
Non sei se queda claro.
Dúbidas on line estivo encantando de atenderle.
Atención, esta mensaxe NON se autodestruirá en 5 segundos, piii,
piiiii, piiiiiii, piiiiiiiiii, piiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii
UFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFF

crisisocial dijo...

si, me parece confusa.pero ahora ya la entiendo
lo que no entiendo es lo de que felipiño XD sea rei constitucional en la guerra de independencia?
porque en el trienio lo es debido al pronunciamiento de riego pero en la guerra pensé que era absolutista

crisisocial dijo...

felipiño=fernando

julián dijo...

Durante la Guerra de Independencia realmente Fernando-felipiño habíua abdicado pero las juntas lo reconocen como rey ( habiendo asumido ellas la soberanái por las circunstancias) y cuando se inican las Cortes en 1810 se le sigue reconociendo como Rey pero la soberanía es nacional y la Consti de Cádiz dice lo mismo: la soberanía es de la nación aunque el Rey es Fernando-Felipe XD

crisisocial dijo...

OK

gracias dudas-online
por cierto ya te envie la redacción
chejou?

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...