
Neste caso a entrada para o noso "xiz-cionario" tomámola dos comentarios.
O día 9 de novembro inclúese un comentario ó traballo de Raquel Vázquez sobre a pervivencia dos símbolos franquistas en Betanzos. Dito comentario ven asinado por "Mariquitas recortables S.L." ¿quen está tras este nome? Seguro que todos/as o sabedes.....Concha Castro Higelmo. Pois ben ahí aparece a nosa nova entrada.
"ser máis torpe que un abobe de forno". Dícese dos que superadas certas barreiras na idade, temos dificultades para apañarnos coas cousas da informática e o internet./ Pódese empregar para todo tipo de torpezas académicas ou bricolaxeñas./ A versión orixinal "más torpe que un adobe de horno" provén dunha remota localidade de Castilla, "Frechilla", irmanada por obra e gracia da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e o clube de parapente de Lequeitio, con outra de La Rioja, "Ribafrecha".

No hay comentarios:
Publicar un comentario