Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

4/12/07

15 cms sobre o nivel do solo.

Confeso que nunca fun quen de acadar a concentración fácilmente. Non son dos que poden estudiar nunha cafetería, ás veces nin sequera ler. Preciso de espazos e condicións moi precisas para facer con intensidade determinadas tarefas. Nos exames, como todo profe que se precie, levo a careta de vixiador e, case sempre, un libro (este día era un de artigos de costumbres de Larra, moi a xogo co que, veredes, logo acabei facendo) pero o certo e que pouco leo nestas situacións. Case sempre remato por observar. Como no día a día isto non é doado ( cando menos para a miña cativa capacidade de facer á vez varias cousas) aproveito os exames para mirar aspectos puntuais que sempre chamaron a miña atención. Confeso a miña debilidade polos pendentes que antes eran atributo feminino, pero que agora é posible admirar tamén en masculinos lóbulos( non entrarei agora nisto, pero había auténticos discos de vinilo ó lado de series diminutas punteando o pavillon da orella ou sonoras ausencias). Tamén chamaron sempre a miña atención as diferentes formas de amañar o pelo, as formas da raia ( en i grego, dereitísimas, retortas...) as diademas, gomas, estudiados desordes ou traballadas organizacións capilares. A roupa é un campo de observación moi fecundo. Os múltiples complementos como cinturóns, pulseiras, reloxos, aneis... en fin para non aburrirse, por moito que o examen dure ¡tres horas! Pero desta vez, non preguntedes por que, a miña atención dirixiuse perto do chan. Por iso vos presento aquí a visión do examen a unha altura aproximada de 15 centímetros.
Chama a atención a hexemonía das Converse “all star”, e similares, no calzado, sobre todo feminino. Alí podíanse atopar de tódalas cores, habíaas vermellas a xogo coa capucha de avispa, tamén varias brancas só animadas polas liñas de cor marcadas na sola, e sobre todo... moitas negras. Algunhas xemelgas, coa dificultade de atopar algo con que distinguilas, algo como a afición ó xadrez dalgúns cordóns. Habíaas na plenitude da súa vida zapatil e as que daban xa boquexadas polos desfiados laterais. Algunhas víase que viñan ó curro e outras, como de festa, vestíanse de lentexuelas ou mesmo tuneábanse con cadaveiras e morcegos e lembraban a inesquecible novela de Stendhal, Le Rouge e le Noir. Outras máis severas, pero reivindicativas, coloreabanse co lila feminista. Tamén as había acordes coa estética hiper deportiva da súa propietaria, a xogo co “KBC helmet”.
Claro que non todo eran Converses e similares, o reino das zapatillas compartía soberanía co felino salto das Puma brancas e habitualmente adornadas con franxas de diversas cores, e coas “manoletinas”. O predominio do marrón nesta “tribu manola” era evidente. Logo podías decidir entre adornalas cun discreto laciño de cordón da mesma cor, ou cunha gomiña transversal. Mesmo podías pintar, como con tipex, burbulliñas (OoOOooOo)de diversos tamaños para sentir como se andaras por un mar de escumas. Tamén brilaba nesta constelación dos zapatos un afiado par en estricta concordancia de cor coas estrelas vermellas ( isto era un caso claro de estética Gore…ti). Claro que non era o único caso de concordancia de cores, o mesmo efecto buscaba tamén a combinación de rosa e branco duns cordóns a xogo co resto do vestiario.
Pero a gran competencia das Converse non eran as Pumas nin os diversos tipos de zapatos, senón a magnificación do calzado: as botas. Non tódalas botas son iguais, claro, nin todas teñen o mesmo carácter. Hainas dominantes, capaces de someter ó seu dominio ós pantalóns,outras, en cambio humíldemente agachadas por baixo deles, mesmo algunhas había que se calzaban sen pantalóns.....longos. Pero se deixamos de lado esta psicoloxía zapatil atopamos tanta variedade como no resto dos calzados. Dende as apuntadas ás redondeadas. Das lisas ás adornadas con todo tipo de hebillas, algunas case espuelas de montar. Negras brilantes, negras mate, marróns, aguzadas e de acerada cor metálica, grises de pel volta ( por certo, premio á decisión andando e ó brio taconeador para a súa divertida (en inglés “funny”) propietaria. Que por certo tamén mereceu o premio de caída libre dos examen ao chan)
No calzado dos tíos había moita menos variedade ¿será deixadez ou iso de que o importante está no interior, que diría a bela de a bestia? A parte dos negros de sempre do profe, só uns zapatos, naúticos, por se había que sair a flote. O resto, diferentes tipos de calzado pseudo deportivo sen moito que dicir. Estrictamente negros sen contemplacións nin frivolidades decorativas, ou lixeiramente adornados con cabaliños Ferrari sobre fondo marelo. Brancas sen ter en conta á moda voandeira da decoración. Azuis ou de cores máis ou menos indefinidos. Estreitas ou voraces okupas do espacio a ras de solo. Con cordóns estrictamente utilitarios ou con amplas concesións á moda que esixe deles tamaño, organización e cor. E no mundo dos cordón os que cumpren a súa función de suxección ou os que renegan dela.
En fin,¡ todo un mundo iste dos quince centímetros para abaixo!.
Vedes que ó final quedou isto como unha especie de ¿onde esta Wally?, pero de zapatos. Agardo que atopases o teu calzado.
Ah, e isto é unha frivolité do profe que so busca distender un chisco esta dura etapa de exames e, de paso, lanzar a suxerencia de que vos tamén podedes facer crónica amable da clase, e escribila.
O blog xiz-toria agardavos coas vosas aportacións.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Menos mal que nadie llevaba chuletas en el zapato...xDD

Está muy entretenido...muchas veces me pregunté en que pensaba un profesor durante un exámen xD

Por cierto mis "manolitas" no están pintadas con tipex xD, pero casi, porque antes eran blancas con un lacito y las transformé con betún y un rotulador para ropa, que ciertamente parece tipex xDDD


Bueno un saludo profesor de zapatos negros xD

Anónimo dijo...

jajaja, felicidades, que gran texto si señor.
Gracioso y desde luego original.

saludos

Anónimo dijo...

jejeje cómo mola!!!

xDDDD

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...