Empatía cun liberal doutrinario que defende o sufraxio censitario
Chamome Xosé, son un home galego cunha gran paixón pola política e por todo o que poida inflluir na sociedade da que me sinto partícipe. Creo na liberdade, na igualdade xurídica e na participación política dos cidadáns, pero considero que todo ten uns límites. Considérome un liberal, pero doutrinario.
Ademáis de ter unha gran paixón pola política tamén a teño pola escritura, por iso, apartir de agora escribirei todas as conversas e anécdotas interesantes que me ocorran e así nunca me esqueceri delas. A conversa que mantiven onte có meu amigo Adolfo, foi tan interesante que me incitou a facer isto.
Eu, aínda que pareza inverosímil, teño un gran amigo que é progresista. Con el manteño, sempre que nos xuntamos, conversas moi apaixoantes sobre política. Case sempre acabamos enfadados debido a as nosas diferenzas pero deseguida volvemos quedar para imiscuirnos noutra “liorta”.
Unha gran conversa que tiven con el foi a de onte. Xuntámonos nunha taberna á que somos asiduos e entre unha cousa e outra acabamos falando do sufraxio; eu, por suposto, defendía o censitario e él, ¡que insensato!, defendía o sufrxio universal.
-Pero cómo podes defender algo tan conservador como o sufraxio censitario? En que podes basearte para defender ese absurdo?-preguntoume Adolfo enoxado-.
-Qué en que me baso? Teño moitos máis argumentos dos que podes ter ti para defender o sufraxio universal!
-Ti cres? Se estás tan seguro…demóstramo.
-Sen problema. Primeiro déboche recordar que ti e os que pensan coma ti poñedes en perigo a hexemonía das clases altas.
- Bueno…era o que me faltaba por oír!
- Non me interrumpas se non che importa- contestei bruscamente-.
- Disculpa.
-Bueno como iba dicindo vós poñedes en perigo as clases altas ó defender a primacía das Cortes sobre o rei, cando o que debe ser é que o rei conxuntamente cás Cortes represente a nación, e tamén a poñedes defendendo a descentralización municipal e ca vosa interpretación excesivamente ampla das libertades… e por enriba sodes moi amigos de empregar a violencia para alcanzar os vosos obxetivos!
- Estaste desviando do tema! Non ves que non tes argumentos e “vaste polas ramas”?
- Pero será posibel? Que non me interrumpas! Que xa vou ó tema! A ver… respeto o sufraxio… eu considero que debe haber unha certa restricción na participación política, xa que só os homes máis capaces e intelixentes saben o que mellor lles conven porque están máis preparados e polo tanto poderan levar con mior eficiencia os negocios públicos.
- Hai moita xente sen estudos que é moi intelixente é que sabe de sobra o que lle convén. Non todo o mundo tibo a posibilidade de estudar. Parece mentira que penses iso! Ademáis, débese escoitar a vontada xeral, a vontade da maioría da población!-interrompeume exaltado-.
-Iso non é para nada como dís, unha cousa non ten que ver ca outra, e decir, non porque moita xente diga unha cousa esa cousa ten que ser a acertada. Máis vale que o diga menos xente pero que esa esté capacitada, que interveñan nas decisións ós que de verdad lles compete o tema, os que de verdade saben e están involucrados.
-E quenes son eses?-preguntoume con sarcasmo-.
-Os propietarios. Con isto refírome a forza ordenada e non a bruta das masas -respondín con total seguridade-.
-E vergoñoso que poidas decir iso, como se pode ser tan clasista?
-Sen insultar,eh! Qué clasista nin que nada! O sufraxio debe de ser restrinxido, só deben participar os que posúan un determinado nivel económico ou cultural. Sintoo pero é unha verdade coma un puño. Ademáis a clase media é a que está cerca dos pobres e dos ricos, como estamos no medio somos os que mellor representamos a todos. Aínda por riba temos máis benestar, independencia e tempo libre grazas o pago da renda, e ese tempo nos permite reflexionar antes de tomar decisións. Isto, entre outras cousas, non o teñen os que traballan co suor da súa frente. Ademáis se te fixas todo é unha cadea: a riqueza nos da tempo libre e este tempo nos permite enriquecernos aínda maís.
-Que vergoña!!Que insulto a todos os traballadores!!Pero ti non cres que esa riqueza corrompe o derito ó voto?
-Por suposto que non porque esta riqueza ademáis de independencia, de permitirnos ilustrarnos e de darnos tempo libre fai que teñamos un maior arraigo pola cidade.
-Mira non quero discutir xa vexo que non tes remedio, falar contigo e perder o tempo…Ademáis vai estar a miña María preocupada polo que tardo en volver a casa.
-Vaite, vaite, pero non poñas excusas que te vas porque quedaches desarmado.
-Se ti o dis…de ilusións tamén se vive. Deicalogo Xose.
-Vai con Deus amigo-despedinme cun ton cariñoso-. Que teimudos son estes progresistas…-cavilei-.
2 comentarios:
O sufraxio está un pouco pasado de moda e a xente está cansada de que sempre se presenten os mesmos e prometan moito para despois non facer nada. A clase política debería ser máis profisional e sobre todo non ambiciosa. A ambición é mala conselleira e a xente está moi farta de tantos politiquillos ambiciosos que só queren figurar. Por iso na nosa tarra hai tanta abstención. ¡Xa estamos fartos de tanta leria!
Os franceses co seu actual presidente empezan a pensar o mesmo. ¡Se traballara!
Marga. D.
Hola Marga D.pareceme interesante a túa aportación.
Só que sendo certo isto que dis, e aplicable a boa parte da "clase política", non hai que esquecer a parte de responsabilidade que lle corresponde a sociedades pasivas como a nosa e remisas a participar de xeito activo e comprometido nas "cosas públicas". O individualismo liberal burgués lévanos a refuxiarnos no privado e agardar o resto dos "profisionais da política" ¡mentres os poñemos a parir, claro!
Para non enrollarme, a análise da loita polo sufraxio nos séculos XIX e XX debería levarnos non a rexeitalo senón a darlle máis sentido. Non hai dúbida que esa tensión entre o privado e o público é complexa pero necesaria.
Ti me entendes se che digo que é como no proceso de creación literaria o reflexo persoal e interior é fundamental pero hai que facelo en parámetros e na medida que sexa lexible para o resto dos indivíduos.
Grazas por participar.
Publicar un comentario