Andei por Santiago
pisando estrelas
na noite
que as ruas devolveron
con luces e clamores
secretos
na noite.
Andei por Compostela
coa pel das pedras orceladas,
a Rua das Hortas
onde descansan os arcanos
na noite
Ecos barrocos e fidalgos
tocaron os tambores
nas luces das xanelas:
Casas reais e as grandes laxes
como balsas na corrente
cara adiante.
Na noite, un cantigar de fontes
nas ruas embozadas
que espadan entre si:
Rua Nova e Rua do Vilar
como dous brazos amigos
que se apertan no Toural.
Pisando estrelas subo as Pratarías,
Quintana arriba, paro e miro:
O ceu peneira os ecos das esquinas.
E a Berenguela, á alba, absorta aínda.
Luísa Villalta, "Música Reservada".1991
4 comentarios:
Parece que as mulleres literatas nos inspiramos nese poema para os nosos de Santiago jeje
As fotos xeniais, se levo unha memoria poderías copialas nel?
Ángela
Por suposto, of course
Quedas contratado para próximas viaxes. Ó xantar invito eu.
Xosé Luís.
falando de viaxes, haber se facemos outra...para cando o do pleno? e de paso poderiamos complementar a visita con algo de arte
gustanme as fotos e a canción por suposto,benvido ao club dos movie-maker XD
lu
Publicar un comentario