O tempo dos soños frustados Abril 4, 2008
Otilia estivera agardando por Eduardo ata media noite cabilando nos problemas de pago cada vez máis intensos que salpicaban á Quinta Velha do Arranhao. A preocupación podíase ler no seu rostro, como a caida das follas anticipa a chegada do outono. Todo cambiara dende o dia en que, esperanzados, o matrimonio puxera en marcha o proceso de reconstrución do pazo, véndose obrigados a iniciar unha nova vida, onde os luxos da cidade quedaban xa moi lonxanos. Pero agora, ben é certo que todo cambiara, si, xa nada era o mesmo que o día da aterraxe ó pazo que se encontraba na fronteira con Portugal, na fronteira doutro mundo, no límite entre o seguro e o inseguro, có vértigo que isto espertaba.
Tras constantes intentos de buscar posibles solucións que facilitaran a financiación das débedas, Otilia decidira ir para a cama. A ausencia de Eduardo ocupaba parte da súa mente, pero nin sequera unha parte comparble como os negocios.
Eduardo, falto de equilibrio e cun alento que disparaba balas de alcohol, entrou no pazo e subiu con dificultade as escaleiras para ir á habitación. Otilia enterouse da súa chegada, pero nin se inmutou en levantarse. Esperta desde o lado dereito da cama dixo “estas ben?como sempre non?” Eduardo, abrindo a saba para deitarse, respostou “si, durme.Non te preocupes”. Cada vez que chegaba tambaleante pasada media noite respostaba cas mesmas palabras curtas, que enfatizaban as circunstancias do seu estado. Otilia, sabía perfectamente o que ocorria, pero prefería manterse á marxe da situación. Xa non era ninguén para interromper os desexos de Eduardo. Dérase conta da situación. Os lazos que os unían eran cada vez máis febles, aínda que era consciente de que nunca se desatarían. As relacións mutuas entre ambos facíanse cada vez máis insostibles, pero sabían que nada cambiaría.
Á mañá, Otilia espertara ansiosa da chegada de Carlota e O Capitán. Prometeran facer visitas dende o día en que marcharan do pazo, pero xamais recuperaron as relacións tan íntimas que chegaran a ter nun onte fundido en confusións. Agora o interesante cambiara ó completo de dirección. Carlota sabia da situación da Quinta Velha do Arranhao, aínda que O Capitan fora dominado por un mal que o esgotaba e no que según explicaba era capaz de viaxar no tempo. Todos asentían e conpadecíanse da súa enfermidade. Esa tarde, tras os saúdos inmersos de cortesía, dirixíronse á mesa, onde merendaron xuntos, como facían cada anoitecer á beira da lareira. O certo é que perderan todo, menos a educación das súas formas. Carlota recordou os paseos polo parque, as innúmeras fontes, as novidades dos arredores con Otilia pero na súa mente soamente estaba un pensamento; as noites nas que Eduardo atravesaba a porta do seu cuarto e silencioso daballe un tímido bico de boas noites. Agachou a cabeza. Todos calaron. O Capitan, como se a inspiración da divinidade iluminara a súa mente, dixo “recordo aquela madrugada tan longa… todalas notites, nacera él, o noso fillo. Vai ser un bón herdeiro, seino!” e escachou en gargalladas que afogaron no cuarto. Eduardo levantouse da mesa. Parecía que O Capitán, a pesar do mal que devoraba a sua mente nunca poidera superar a infidelidade da sua muller con Eduardo, da que nacera ese neno, desexado polos catro. Otilia nerviosa recolleu a mesa mentras as lágrimas vivas de Carlota descendían como un río pola súa cara. Recordaron todos en silencio a tarde na que o seu fillo afogara, iniciando unha nova etapa nas súas vidas, catro camiños que se distanciaban cada vez máis, ainda que todos partiran da mesma plaza. O Capitán, Tras encarnarse na figura da ficticia paternidade, meses despois da morte do pequeno deu comezo a sua enfermedade. Carlota, víctima tamén da situación so seu marido, desdibuxou a silueta de Eduardo e do seu fillo, dedicandose soamente ó coidado do Capitán tras renuncia á súa propia vida. Xa nada retornaría á pasada normalidade.
Otilia achegouse a terra, bicouna; era o lugar onde dora enterrado o neno. Subiu correndo ó su cuarto, arrimouse á varanda e … deixouse esbaer ó vacio, rememorando nun segundo a historia da sua vida, imaxes sucesivas a modo de peícula, ata que tocou o chan.
Eduardo, dende a biblioteca escoitou un forte tumbo, creendo que se trataba do movemento dos mobles ó limpiar Otilia. Seguiu lendo o xornal dende do mais absoluto silencio.
Carlota, dende o coche, decidiu voltar ó pazo. O Capitán deixara esvaer moitos recordos que estiveran agachados durante moito tempo. Pero non foi capaz e tras xirar a roda do coche, voltou en dirección á súa casa metres O Capitan xogaba cunha moneca de trapo cantando;L “as nenas bonitas están en… estan en…. mamá… onde estanban as nenas bonitas?” Carlota, co rostro empapado de bágoas respostou ” as nenas bonitas estan na Quinta Velha”. Convencido o capitan continuou ” ai lalelo, ai lalalalelo… ai lalelo, ai lalala…..”
Todo cambiara.
Ó dia seguinte Xoan Torres, o panadeiro, encontrou o corpo de Otilia no chan, a carón da fonte onde acostumaba reunirse con Carlota. Carlota marchara a Suiza, tratando que O Capitan se encontrase máis comodo ata o día da despedida, ó caron da súa familia. Acerca de Eduardo non se soubo nada máis; soamente que ese día a cama nin sequera se desfixera, e e que o certo … é que todo cambiara.
Uxía Cagiao Teijo
(post amablemente cedido pola autora dende o seu blogue colectivo "mulleres literatas")
1 comentario:
Amablementenon...
amabilisimamente!!
xD!!
Sen dubida faime moita ilusión non so que alguen se moleste a ler textos tan logos como este relato, jeje,senon tamen que poida gustar algo do que fago. Desperta en min unha gran motivación e ganas de seguir escribindo.
Gracias por colgalo ;D
Uxía Cagiao Teijo
Publicar un comentario