Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

5/4/08

¿Ulises ou Penélope?


Grazas á suxerencia de Oscar García achégome a dous poemas que me apetece compartir cos/coas fieis lectoras/es (Mmmmm, que políticamente correcto quedou invertir a orde dos xéneros, ¡eh! XDD).
Bueno, a cousa é que no primeiro poema
Xosé María Díaz Castro imaxinaba a Galicia como unha Penélope. A ista imaxe lle resposta Claudio Rodríguez Fer que a identifica máis ben coa figura de Ulises.
Ben,pois aquí tedes para opinar ou simplemente para disfrutar coa poesía.
Penélope.
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoítar a chuva.

Traquerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús Maria!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaíse enterrando, suco a suco, o outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza

Ulises
CLAUDIO RODRÍGUEZ FER.

Un paso adiante e outro atrás, Galicia,
e a tea dos teus soños xa se move.
A esperanza nos teus ollos faise circia.
Ara o tractor e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
estrolla o despertar coma unha uva.
Xa non te envolves en sabas de mil anos,
nin en soños escoitas nunca a chuva

Trouxeron xa os camiños cada día
a xente que levaron. Somos os mesmos.
Suco vai, suco ven , do río á ría
non volveremos xa pagar mais desmos.

Desorballando os prados coma sono,
cruzaremos o espello con Alicia.
Enterraremos sucoa suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro máis, Galicia!

6 comentarios:

elsa dijo...

"A espranza nos teus ollos se esperguiza...aran os bois e chove.."
Galicia morriñosa.Vale.
Pero eu destesto o barullo global-capitalista. Galicia paréceme unha illa verde . Nin falta lle fai que se encha de feísmo e de seudo-rañaceos coma o mediterráneo!. Deixa os barcos ao lonxe e que non se enchan as nosas praias dos "Pachá I" de Carolina de Mónaco!
Unha aperta.
Ah!encántanme as poesías de certo compromiso social coma estas.

Anónimo dijo...

Estou dacordo con Elisa, Galicia foi ata moi pouco unha illa, un pulmón. Nola están arrebatando. Pouco a pouco a destrúen, na busca das riquezas da nosa terra... e succionan coma un vampiro, e nunca se sacian. Galicia debe ser capitalizada? Definitivamente non. Que non tenten transformar a mal o único que nos queda da nosa terra.
Gustáronme as poesías relativamente... é poesía de circunstancias... non sei...

Saúuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuudos de parte do lobishome.

julián dijo...

Gracias polas aportacións, elisa e diego.
Todos gustamos desta illa verde pero se somos xustos teremos que confesar que vivimos un estilo de vida urbano bastante afastado desa arcadia verde.
O da poesía de circunstancias precisaría dunha aclaración, ¿non si?

Anónimo dijo...

"ser de um tempo e um país: eis o segredo da poesía mais humana e verdadeira". Espero ter citado fielmente, aínda que non lembro o autor (esta memoria ...).
ULISES, ULISES, ULISES,aínda que en horas baixas nos sintamos penélopes

julián dijo...

a cita ¿é de Quasimodo no limiar de longa noite de pedra?.
Eu tamén creo máis na poesía "contaminada" de realidade que na de torres de marfín. Pode ter data de caducidade pero semella máis auténtica.
E por inclinación natural "Ulises for ever".

julián dijo...

Ah, e na mesma liña...
"La poesía es un arma cargada de futuro.....
porque vivimos a golpes,
porque a penas si nos dejan
decir que somos quien somos, nuestras canciones no pueden ser, sin pecado, un adorno..."
(G. Celaya)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...