Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

28/5/08

¡iuuuuhhhhuuuuuuuuuuuu !xiz-toria. Premio ao blog con huella 2008



Recibimos o outro día a "surprais", sempre agradable, de que este blog foi nominado ao premio “Blog con huella 2008” dende o blog dun antigo alumno ( e sen embargo amigo, espero)

http://betanzosindependente.blogspot.com/2008/05/premio-blog-con-huella-2008.html


Para min é unha alegría esta nominación, pero sobre todo polo que supón de recoñecemento aos principais protagonistas que son meus alumnos e alumnas. Son inspiración e acicate do blog e creadores de materiais, a miudo, de moita calidade dende esta disciplina que acabamos de inventar, a xiztoria (para os que non o saibades: xiztoria. dícese da historia escrita nas aulas, con xiz. Por certo, por iso todos eles/as e máis eu deberíamos asinar despois do nome bloguero como "xiztoriador/a, e.a.s.c." ousease "xiztoriador/a, especie aínda sen catalogar")
Pasoume como au meu amigo betanzosindependente que non entendín ao principio que con esta nominación agora tiña o compromiso de nominar a outros blogs merecedores da nominación a este premio “Blog con huella 2008”. E veredes que me inclino polo ámbito no que me movo, o insti (deformeition profesionaleition). Ei vai:

PREMIOS "BLOG CON HUELLA, 2008" THE GÜINER ARE:
1. Por todo o que aprendemos de literatura neste blog. Pola sensibilidade que reflexa en cada unha das entradas. Pola sabia, intelixente e delicada mestura de propostas literarias e musicais,e por saber enguedellar en todo isto á xente nova (entre a que me inclúo, jeje) e, por riba de todo, polo seu maxisterio en humanidade....
PALABRAS MAL DICHAS
http://palabrasmaldichas.blogspot.com/


2. Por ser atrevidas. Por non bloquearse co papel en branco. Por deixarse guiar por unha catedrática en sensibilidade. Por recoller o traballo creativo dun feixe magnífico de rapazas que agardo sigan con este labor....BLOG DAS MULLERES LITERATAS
http://mulleresliteratas.wordpress.com/

E un accesit moi extenso e cheo de cariño sinceiro a outros blogs moi queridos

Por facer o blog co corazón i en francés http://thepathofthewind.blogspot.com/

Por exercer de nocturno licántropo en bermello e negro

Por inventar un conto en cada beso en cada mirada, en cada entrada do blog.

Por ser a máis dramática ou artística ( xa veremos) desatusagada da clase


Un saludo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

MOITISIMAS GRACIAS! é todo un orgullo para min. Esto deixa unha PEGADA en min que fai que teña gañas de seguir escribindo,ademais que estou dobremente nominada pola parte que me toca das mulleres literaratas bueno agora enserio; mañan paso polo colexio a recoller o premio economico ¿onde o deixas? jajaja é broma.
daquela agora terei que nominar eu...non si?

dende logo o que é certo e que este, o noso blog, de todos os xiztoriadores, é único e moi pedagóxico á par que divertido se pode ser, mellor que o do ano pasado.

En fin, gracias por ler e por escribir.

firmado: quen sabe si artística ou actriz.. :S pero sempre Lu XD

Anónimo dijo...

Julián, un pracer estes dous anos de Xiz-toria, cheguei a prender moito contigo, aínda que non se reflictira en demasía nos meus exames... ¬¬
En resumo, que se che vai botar en falta cando me perda en disquisicións psicolóxicas e demáis traumas infantís... Chegará o momento de botar en falta que ó final dunha clase a primeira hora da mañá o profesor diga "deixádeme só un momento" ou que diga que non é por facer publicidad de La Rioja, pero ó final a fai ou moitas outras cousas que se van botar de menos na facultade.
Gracias por estes dous anos, estou orgulloso de pertencer á primeira xeración de xiz-toriadores.

P.D.: As nominacións ben merecidas. Todas elas. E atentos a unha posible aparición dun blog de voces espontáneas...
P.D.: Parezo Cervantes... Pido, Juliñan, que nos recomendes unha última vez "Doctor Zhivago", por favor!! xDD

Unha aperta.

Anónimo dijo...

Que ilusión!
And the winner is....pedrooooo

que nooo que is xiz-toria!!!

Ó longo da vida pasamos por moitos profesores, pero poucos deixan pegada en nós...deste instituto lévome bastantes, pero por todo eso que dixo Diego e tantas outras cousas máis, moi especialmente recordaremoste a ti...porque nunca tiven un profesor que se transforme en Xosé Maforo só para facer sentir ben os seus alumnos, que ensina historia con literatura, con arte, con cine, con música, con humanidade... e por supusto con moito humor.
Gracias pola nominación!!!

Ata sempre :D


Ángela

Unknown dijo...

¡Muchas gracias! Realmente ha sido muy interesante poder participar en un proyecto como xiz-toria (y el año pasado el caderno de historia contemporánea), no sólo por ser una nueva forma de concebir las clases, sino por haber sido el origen de una pequeña red tejida entre nosotros, profesores y alumnos, y que espero que no se rompa en esta nueva etapa.

En cuanto a estos dos años, siempre recordaré esa vitalidad a primera hora de la mañana, mientras nosotros aún estábamos más dormidos que despiertos…, o esa nota de humor que no podía faltar en cada clase, que nos arrancaba una sonrisa entre explicaciones y paréntesis de paréntesis. ..

La historia ha sido muchas veces plasmada por escrito, pero hay cosas que los libros no pueden ni podrán nunca recoger.

Gracias por todo.

julián dijo...

Grazas a todos e todas pero, mirade, ¡ que o premio é para vos !

Alégrome da rede de blogs tecida entre todos que agardo siga a manter a relación entre nos e para min seguirá a ser unha ocasión poara seguir aprendendo e disfrutando de vos.(snif, snif..)

Anónimo dijo...

Que me vades facer chorar en serio...!

Betanzos Independente dijo...

Hola a todos.
El premio os lo merecéis todos, como ya he dicho en mi blog, y lo reitero una vez más. Es un blog de estupendo, lleno de calidad, de buen hacer, de artículos interesantes. Un blog participativo como pocos, y ejemplo para muchos de los blogeros. Vamos que dais envidia!. 
Estimado Julián, no dudes que además de exprofe, te considero amigo. Y no hay mejor piropo que pueda decirte, que decirte que espero que mi hijo (incluido el que está en camino), lleguen a tener la suerte de ser alumnos tuyos.
Coma ya te comenté en su día, has sido el culpable entre otras muchas cosas; por ejemplo, de la tonelada de libros de historia, o de novela histórica que hay en casa. O de que el viaje de novios nos lo pasásemos haciendo rutas de castillos cataros por el mediodía francés….
Un saludo a todos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...