Un recente descubremento musical(para min). A cantante de Mali Rokia Traoré pode ser un bo fondo musical para esta lectura que propoño.
|
SEN TÍTULO.I
Unha náusea enróscase na paisaxe, polo demais a paisaxe non é realmente unha paisaxe, é un territorio sempre hostil coma un campo de batalla polo que chega un home negro, alto e fermoso, coa cabeza cuberta cun gorro de la, sabéndose observado a cada paso mais non por eso deixa de avanzar e, finalmente, mostra un catálogo de cousas que ninguén quere, que ninguén compra.
Un home alto e fermoso, un home negro cun gorro de la...nunca saberemos o seu nome, a súa historia, a arquitectura coa que levanta a súa dignidade. No fondo nunca sabemos nada.
Un home negro recórdanos co seu silencio cada un e todos os crimes cometidos non importa por quen nin cando nin como nin donde porque abonda con notar como dentro de nós persiste un eco de culpa imperdonable.
De que me falabas entre tanto coa túa voz de muller inconfundible?
X.L. Mosquera Camba; Amebas, Col. Esquío de Poesía. (accesit do XXVII Premio Esquío)

¡Noraboa, por certo!
2 comentarios:
Entrei despois de que me avisaras do que ías facer (espero que Rokia Traoré non se nos entere). O caso é que un sempre se sorprende de como os demais recollen os seus textos, de como seleccionan os que seleccionan, de como asocian con imaxes, con música, con outros textos: o lector constrúe.
Grazas por facerlle un sitio neste magnífico blog a esas miñas palabras, grazas por magnificalas coa túa maneira de mostralas, grazas pola noraboa.
Parte II: o caso é que unha vez que estaba dentro piquei no cover do post anterior e aí quedei enganchado. J&J (unha das voces recoñézoa -creo-, pero non sei a que J corresponde) crearon unha xoia deliciosa.
xosé luís.
Grazas pola J que me toca.
Publicar un comentario