16 de maio de 1813………. taaaachaaaaaaaaaannnnn
¡ As Cortes de Cádiz ordenan a destrucción dos Rollos que representaban a xurisdicción señorial! En Betanzos o Rollo, ó parecer, aínda pervivíu moito tempo. Pero hoxe tan só queda o recordo co nome dunha “rúa do Rollo”.
Os Rollos eran insignias de xurisdicción separando señoríos, xurisdiccións, concellos, etc. Pero tamén podían empregarse como Picota e daquela servían para mostrar públicamente ós delincuentes, mesmo os restos dos axustizados(especialmente a cabeza), ou as obras mal feitas dos membros dos gremios ( como cando en 1579 o zapateiro “Juan Montouto el Biejo” é condenado a pagar unha multa por facer zapatos “trampeados” e a que ditos zapatos sexan postos no Rollo).
O Rollo podería estar nun lugar entre o que hoxe é a parte alta da rúa que leva ese nome a Cruz Verde. Pode ser moi significativo que o sarxento Samitier fusilado no contexto da revolución de 1846 o fora na Cruz Verde, indicando que podería continuar sendo un lugar relacionado coa xustiza.
Información extraída do Anuario Brigantino, 1985. No magnífico traballo de Alfredo Erias sobre as rúas de Betanzos.pxs 43-76.

Publicado orixinariamente en "garelia.blogspot.com" o 2/11/07
1 comentario:
Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!
Publicar un comentario