Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

30/10/08

Test para practicar. 1808-1812

1. Como consecuencia dos sucesos do dous de maio en Madrid…
a. Por toda España estendese unha oleada de resistencia armada contra os franceses e unha parella formación de órganos de goberno que non recoñecen ás autoridades por estar supeditadas ós franceses.
b. Napoleón Bonaparte promete unha “monarquía doce e constitucional” , e a abdicación de Fernando VII, pouco apreciado pola poboación despois de Baiona(5-V)
c. Fernando VII abandona España coa intención de abdicar en José I pero se atopa con que o pobo lle destitúe ó formar xuntas de goberno
2.En Baiona ponse de manifesto a crise da monarquía española porque…
a. Fronte ás abdicacións xurde en toda España, empezando por esta vila, o movemento de creación de Xuntas de goberno

b. Alí, baixo a presión de Napoleón, a familia real española cedeu ós seus dereitos á coroa de España.
c. Coas abdicacións iniciouse a guerra e revolución da Independencia.
3. O grupo dos afrancesados…
a. Apoia unha volta ó Antigo Réxime porque José I non propoñía ningunha reforma política.
b. Apoia á dinastía francesa porque esta trae un programa de reformas herdado da Ilustración e con algúns elementos da revolución francesa.
c. Apoia ós reis desterrados en Francia porque os considera monarcas lexítimos da Coroa de España.
4. O chamado Estatuto de Baiona decretado por José I…
a. Non é propiamente unha Carta Outorgada porque non emana da soberanía nacional ou popular.
b. Realmente non é unha Constitución porque emana da vontade real e non da vontade do pobo soberano
c. Non é, en realidade, nada máis que un texto legal pero sen intención de ser a lei fundamental do país.
5. As diferentes Juntas que asumen a soberanía no inicio da guerra de independencia recoñecen
a. Que dita asunción é debida ós cambios que, finalmente, a Ilustración produxo na maioría do pobo español
b. Que a susodita asunción de soberanía é provocada polas circunstancias concretas que se deron nos primeiros días de maio de 1808.
c. Que asumían a soberanía como unha maneira de lexitimar o intento de toma de poder por parte de José I, pero resultou u fracaso.
6. O goberno das zonas contrarias a José I antes das Cortes de Cádiz, o detentaba...
a. O poder lexíslativo e o executivo nas mans da Junta Suprema Central
b. Primeiro a Junta Suprema Central, logo o Supremo Consejo de Regencia
c. A Junta Suprema, Consejo de Regencia e máis a Constitución de 1812
7.Na Constitución de 1812 dise que “el Rey tiene la sanción de las leyes”, de onde podemos deducir…
a. Que terá a potestade de anular unha lei cando non estea de acordo con ela e mesmo impoñer sancións ós que a promulguen
b. Que en virtude da separación de poderes o Rei intervén co seu dereito de veto na formación da lei.
c. Que a separación de poderes nesta Constitución é imperfecta ó recoñece-la acción final sobre as leis ó executivo.
8. O poder que os afrancesados consideraron lexítimo en España entre 1808 e 1813 foi...
a. O das Xunta Suprema Central Gobernativa de España e das Indias
b. O do Rei Xosé I
c. O do Consello de Rexencia logo transformado en Cortes de Cádiz.
9. Polo Tratado de Fontainebleau...
a. Tropas francesas entran en España de camiño á Portugal pero quizá co secreto propósito de Napoleón de cambiar ó seu favor o réxime político de España.
b. Tropas Francesas entran en España para cambiar o réxime de goberno e substituir a Carlos IV e Godoy por Fernando VII.
c. Tropas francesas entran en España e constitúen un Consello de Rexencia encargado de gobernar na ausencia dos reis que están en Baiona.
10. A falla de lexitimidade do goberno de Xosé estaba, para a maioría dos españois, derivada de…
a. Que en Baiona Napoleón conseguíu que Carlos e Fernando abdicaran con enganos e á forza.
b. A forza con que se acadou a abdicación dos reis anteriores e, sobre todo, porque non contaba co apoio e consentimento do pobo.
c. Co tempo perdeu o apoio das Cortes de Cádiz que eran as que representaban ó pobo español.
11. A “Constitución” que dá Xosé I en 1808 defínese con Carta Outorgada porque...
a. Recoñece que todo poder do rei é outorgado pola nación en uso da soberanía
b. Considera que a soberanía ven outorgada pola carta de abdicación firmada polos reis anteriores.
c. Se define como un texto derivado da soberanía Real e concedido ó pobo.
12. As constitucións liberais son textos que se definen por …
a. Manifestarse como unha lei fundamental, escrita e revisable polo soberano.
b. Ser unha lei fundamental , escrita e inmutable a perpetuidade
c. Ser unha lei fundamental e, aínda que non escrita, reformable
13. O decreto de agosto de 1811 de “incorporación á nación dos señoríos xurisdiccionais” declara...
a. A supresión de calquera tipo de dereito señorial (territorial ou xurisdiccional) que pasa a ser percibido pola nación en conxunto.
b. A supresión dos señoríos territoriais e a transformación do resto de dereitos señoriais (xurisdiccionais) en propiedade privada dos seus beneficiarios.
c.A supresión dos señoríos xurisdiccionais e a transformación do resto de dereitos señoríais en propiedade privada dos seus beneficiarios.
14. No Iº decreto das Cortes de Cádiz...
a.Recoñécese a abdicación dos reis e declárase a soberanía nacional.
b.Declarase a soberanía nacional (pola ausencia do Rei) e a separación dos poderes do Estado
c.Recoñece como Rei a Xosé I pero a soberanía e a separación dos poderes debe ser exercidad pola nación española.
15. A Constitución española de 1812 caracterízase no eido relixioso por definir…
a.Un Estado confesional pero con liberdade de cultos
b.Un Estado aconfesional no que non se acepta a liberdade de cultos
c.Un Estado confesional e sen recoñecer a liberdade de culto dos indivíduos
16. Unha das contradiccións máis sonoras da Constitución española de 1812 é que...
a.Recoñecese a liberdade de pensamento e expresión pero logo declarase a prohibición de calquera culto relixioso que non sexa o católico.
b.Recoñécese a soberanía nacional é á vez se acepta o modelo de monarquía moderada por unha Constitución
c.Define un modelo de separación de poderes pero logo de declara que “a potestade de aplicar as leis en causas civís e criminais reside nos tribunais”.

Respostas ao test
1a,2b,3b,4b,5b,6b,7c,8b,9a,10b,11c,12a, 13c,14b, 15c,16a

PREGUNTAS CURTAS.
1. Que diferencias principais se poden sinalar entre os intentos de cambio do Antigo Réxime que intentaron os ilustrados no século XVIII e os liberais do século XIX.

A Ilustración foi un movemento reformista que pretendeu cambios parciais na economía e na administración pero sen modificar no político a soberanía do Rei e o seu poder absoluto (Despotismo Ilustrado). No social a transformación tamén é cativa porque segue a ser un movemento liderado por unha parte da aristocracia ( nobreza - clero) ilustrada.

Os cambios que propón o liberalismo son máis radicais, podemos chamalos revolución liberal. Non só pretenderán cambiar as bases económicas e sociais, tamén as bases políticas coa definición dos principios de soberanía nacional, dereitos humáns e civís, primacía da lei, separación de poderes... Socialmente o grupo que lidera esta ideoloxía e os cambios é a burguesía nacida do estamento non privilexiado.

2. En qué se parecen i en que se diferencian desamortización e desvinculación.

Tanto unha coma outra son procesos polos que as propiedades agrarias deixan de ter algún tipo de limitación legal para a súa compravenda para poñerse no mercado libre. Pola tanto seus propietarios poderán dispoñer delas sen limitación ningunha.

Falamos de desvinculación para referirnos ao proceso de liberalización das propiedades vinculada ás familias nobres. Mentres que o termo de desamortización aplícase máis ben ás propiedades de mans mortas (eclesiásticas ou dos concellos)

3. No decreto sobre señoríos de 1811, que tipos se describen e que se dispón sobre cada un deles.

Os xurisdiccionais simplemente quedan abolidos e o dereito de administrar xustiza “reincorpórase” en exclusiva á nación.
Os señoríos territorias ou solariegos anúlanse pero para transformarse en propiedades privadas dos nobres que os percibían anteriormente. Para optar á propiedade os campesiños deberían xustificar as propiedade con títulos (ben difícil para eles)

4. Define soberanía e relaciona coa diferencia entre Constitución de 1812 e Estatuto de Bayonne.

Soberanía é un concepto político que indica a orixe da autoridade política nunha sociedade. Neste senso ambos textos legais , o de Bayonne e o de Cádiz, diferéncianse porque o primeiro emana da soberanía Real (Xosé I) que concede esta Carta Outorgada, mentres que o segundo emana da soberanía da nación.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...