Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

23/11/08

¿A ver quen resolve esta ecuación? Roel + Roldán = 1812+1834

Dos traballos de Tania Roel e Andrés Roldán sacamos esta magnífica reflexión sobre as diferencias entre os poderes que se asignan ás Cortes na Constitución de Cádiz (1812) e no Estatuto Real(1834.




Existe unha diferencia importante entre os poderes adxudicados ás Cortes na Constitución de 1812 e no Estatuto Real de 1834.
A constitución de 1812 delega o poder lexislativo nas Cortes e en menor medida na figura do rei, mentres que o Estatuto Real deixa claro no Artigo 33 que sen o consentimento do rei, ninguna lei poderá ser aprobada “Art.33. Para a formación de leis requírese a aprobación dun e outro Estamento e a sanción do rei.” Ademais as Cortes non poderán deliberar sobre tema non proposto previamente polo rei ( é o dereito da inicitiva lexislativa) “Art.31.As cortes non poderán deliberar sobre ningún asunto que non fora sometido expresamente ao seu exame en virtude dun Real decreto.”
Outra diferencia é a forma Unicameral das cortes de Cádiz fronte a división Bicameral por Estamentos (Próceres do Reino e Procuradores do Reino) existente en 1834.(que estar a indicar o caracter máis conservador do estatuto respecto á Constitución): ”Art.2.As Cortes xerais estarán formadas por dous Estamentos:o de Próceres do Reino e o de Procuradores do Reino.”
En canto ás cargas fiscais, na Constitución do 12 consta que son as Cortes as encargadas de establecelas para todos os cidadáns, mentres que no Artigo 34 do Estatuto Real se expecifica que non se esixirán impostos sen ser aprobados polas cortes, tras a porposta dos mesmos por parte do rei. “Art.34. Segundo dita lei non se esixirán tributos nin contribucións de ninguna clase sen que, a proposta do rei, os votaran as Cortes.”
Tamén comprobamos a diferencia de poder das cortes en ambos periodos, xa que durante a constitución era o rei o que debía dar conta dos seus actos ás mesmas, como exemplo podemos tomar o Artigo 132 da Constitución de Cádiz “Non pode o rei ausentarse do reino sen o consentimento das Cortes”. Mentres que no Estatuto Real é o rei quen elixe e controla en todo momento as accións das Cortes, como xa comprobamos en textos anteriormente citados.
Ademáis, na constitución as Cortes son lexítimas porque representan á nación, pero o Artigo 24 do Estatuto se afirma que
“Art.24.Corresponde exclusivamente ao rei convocar, suspender e disolver as Cortes.”

Por tanto, os poderes das Cortes eran moi diferentes no Estatuto Real e na Constitución de 1812: no primeiro estaban supeditados ao poder real (tiñan que ser convocadas polo rei, non podían decretar leis sen o consentimento deste…), mentres que na segunda eran máis independentes (podían decretar leis, tratar os asuntos que acordasen oportunos…). Para comprender isto hai que ter en conta o tipo de texto que son o Estatuto Real (Carta Outorgada- o poder emana da soberanía real) e a Constitución (o poder emana da nación), xa que esta é a orixe desta diferenza de poder das Cortes nun texto e noutro.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A friend told me this place I have been looking for, I come, it turned out, I have not disappointed, good Blog

Anónimo dijo...

Although we have differences in culture, but do not want is that this view is the same and I like that!
nylon fishing net

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...