Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

5/7/09

Próxima actuación
O grupo Mequetrefes presentará o vindeiro 6 de xullo as 20:30 no Fórum metropolitano da Coruña a súa obra " Só vostede e máis eu" recente gañadora do premio ó mellor espectáculo da mostra de Teatro universitario de Galicia.A entrada será de balde. "Só vostede e máis eu" é unha adaptación de "Tus deseos en Fragmentos" de Ramón Griffero e son moitos dos fragmentos do dramaturgo chileno os que aparecen nesta obra, pero nun ton e perspectiva diferentes. Atopámonos pois ante escenas moi distintas que chegan a rozar o absurdo, o que o ser humano non é capaz de comprender. Son vostedes os testigos da viaxe ó interior da conciencia de Ela, a introspección onde o seu fillo estará sempre presente.¡Prendan as luces! ¡Pechen as portas!
¡Comeza a exposición!
Dirixida, adaptada e protagonizada por: Patricia Coucheiro, Estevo Azañón e Lucía Abarrategui
Violín: Zaida García Pérez
Coreógrafa:Triana Doce Palmieri
Deseño e maquetación: Cristina López Astorgano
Fotografía: David Correa Vicente

1 comentario:

Anónimo dijo...

Muchas gracias por hacerte eco :) Esperamos que esta vez tengi la posibilidad de venir a vernos, porque la actuacion en la ciudad de los caballeros está complicada.

Un abrazo

lu

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...