Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

14/4/10

"Nós". Proposta de traballo para un album de Castelao

Entre os anos 1916 e 1918 Castelao realiza un feixe de debuxos nos que trata de reflexar a realidade de Galicia cunha intención expresamente desacougante para os narcotizados pola política oficial, pola falsa sabedoría das Universidades.

Como indica no limiar, o “pesimismo” que destila a visión xeral é só “aparente” porque non é resignado senón “liberador”. Castelao non acepta xogar á farsa de representar á Galicia cos tópicos do folklore ( gaiteiros e romerías coloristas), nin aparentar emoción e bágoas diante dun fado ou dun tango. Prefire representar á Galicia que ve... e que sinte. Chorar, pero de veras, pola realidade que vive e na que viven os seus paisáns.

O album “Nós” é un exercicio de descripción pero tamén de análise e explicación da realidade de Galicia ao inicio do século XX. Para Castelao o humorismo das súas viñetas “interpreta a vida dunha maneira sinxela e forte, no somente plástica senón ideolóxica, e así como no debuxo puro a forma é o fin, no humorismo é un médeo prá eispresar ideas. Os debuxos humorísticos teñen un outro valor prá historia, pois debaixo da risa ou da sorrisa repousa un comentario xusto á realidade” .

A análise que Castelao fai desta Galicia ao inicio do século XX foi publicado en 1931 no que era un sinal inequívoco da súa vixencia 15 anos máis tarde, nos albores da IIª República, que Castelao saudaba como unha oportunidade para o recoñecemento nacional de Galicia.
A proposta de traballo

Para o estudio do album “Nós” propoño o artellamento que aparece nas seguintes indicacións e que se pode presentar en forma escrita ou audiovisual.

A parte escrita do traballo pode tamén tomar como fontes algúns textos de Castelao que traten os diversos temas do album. Por exemplo, en “Sempre en Galiza” trátanse a maioría deles e case tódas a edicións traen índices temáticos que axudan a encontrar os fragmentos (sen ter que ler a obra completa, ¡era boa!)
Igualmente noutras obras de Castelao se poden atopar textos para aclarar as ideas do autor sobre os diversos temas: “Cousas”, “Os vellos non deben de namorarse”...

E unha máis... se este traballo pode semellar demasiado extenso para unha soa persoa non hai inconvinte en facelo como traballo dun grupo de dúas ou tres.



O ALBUM “NÓS” DE Castelao. Proposta de traballo

1.- Presentación e historia do albúm. Presentación de Castelao.

2.- A Galicia que retrata Castelao. Problemas.
a. Unha economía principalmente campesiña e mariñeira na que a situación dos campesiños caracterízase pola dependencia dos propietarios de foros e pola miseria que agravan aínda máis os impostos, trabucos, que o Estado impón sen á penas dar nada a cambio(vid.b.2)
(3, 12, 13, 15, 7,43)

b. Unha política caracterizada …
• pola nula participación real da poboación que está dominada e manipulada polos señoritos e caciques.( 18, 21, 27,
• polo divorcio entre os intereses reais da maioría da poboación e a protección que as leis e as institucións do Estado aseguran a esa poboación ( por iso, leis e institucións son percibidas máis como un inimigo que un instrumento de progreso)
(4,5,9, 14,19,29 24,25,30,32,22)

c. Unha sociedade marcada por atavismos que a manteñen nunha situación de atraso e subordinación:
• a situación da muller (16, 20)
• a miseria, o alcoholismo ( 7, 31, 33)
• a ignorancia e o esquezo da lingua propia (26, 29, 38, 41)
• o conformismo, o fatalismo ante a realidade (43,28)
• unha actuación da Igrexa que, ás veces, colabora no atraso (13, 37, 48)

d. Unha Galicia que, por todo isto, vese abocada á emigración co tráxico balance que Castelao resalta especialmente.
(8, 22, 24, 25,30, 32)

3.- As alternativas:
a. Fronte á ceguera (42,45,47) e o conformismo
b. O rexurdimento nacional.
(1,2, 34,39,40,44,46)

4.- Conclusión persoal. Experiencia da lectura-visionado e durante a realización do traballo.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...