Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

21/6/10

audition addiction. Xiztoria 2009-2010

Ao longo do curso a nosa adicción á música e a inestimable colaboración dalgúns compañeiros vainos levando por camiños insospeitados. Transitamos paisaxes musicais( que ollamos admirados e emocionados dende unha xanela) e que nos trasladan no espazo e no tempo. Escoitamos entre néboas ecos de palabras e de emocións.
Ao final, unha ollada atrás descúbrenos un caderno de bitácora que agora compartimos cos arriscados e arriscadas que queden para mirar este blog (a piques de empezar as vacacións).Así que tomando a idea do "Blog de Adolfo", deixo (devolvo) esta música que non pretende nin estar ordenada, nin ser unha proposta coherente ou con sentido....Tan só é a música que sonou este curso en xiztoria e na cabeciña de quen fai o blog.

Aquí vos queda a selección ( picando na imaxe atoparedes o enlace coa descarga)




2 comentarios:

homburg dijo...

Fáiseme raro o blog coa nova fachada, pero creo que lle cae ben. Eu de cando en vez entro nun que comparte a túa estética de pombas a voar:
http://novomundoperfeito.blogspot.com/

xiztoria dijo...

Conste que a miña competencia zoolóxica é limitada e non sabería catalogar os paxaros da esquina superior dereita (paxaros como pombas que voas cara á dereita semella unha mensaxe moi pouco subliminal)

A razón principal do cambio foi unha nova distribución das columnas que teño que probar se son así máis útiles.

Mirarei o blog que suxires.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...