Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

7/6/10

Meténdome onde non me chama ninghen...

Onte á noite tiven a honra e a sorte de presenciar a estrea da obra teatral "In-comunicando", onde, como xa anunciamos, actuaba a nosa Lucy-in-the-sky-with-diamonds Abarrategui.

Foi toda unha experiencia que recomendo non perderse en próximas actuacións se tedes oportunidade. Como non son experto nestas lides só podo dicir o que me pareceu dende a ignorancia pero a confianza faime ousado.

Gústoume moito a posta en escea: representar a incomunicación que aqueixa á nosa sociedade con ocos tubos metálicos entrelazados, labirintos onde a voz fácilmente se perde semella unha boa forma, e efectiva, de suxerir o tema central.

In-comunicando é unha proposta pensada coma puzzle-fogonazos que che fan por momentos pechar os ollos. Cando os volves a abrir costa situarse de novo. Por iso é unha obra con eco que se vai asimilando conforme pasan a horas e vai pousando o revoltixo que de entrada chega a crear na cabeza e, máis aínda, nas emocións.

A interpretación dos actores foi, para min, magnífica. O Estevo cunha cantidade de rexistros increible: dende a avóa (Lituana II) catatónica e obsesiva, ao actor falador e distendido co seu auditorio pasando polas turbadoras instruccións para cargarse a unha nai ( con variacións psicolóxicas e físicas).


Patricia Couch... fai gala dunha forza e unha enerxía admirable e contaxiosa (como Lituana I, ou o número que sexa, está soberbia). Coa variña da antena dalgún wolkswagen resulta moi convincente. Contacta co público e o seu texto semella estar cheo de guiños (a xulgar por algunhas reaccións).


Lucíainthesky tamén ten unha actuación memorable. Para min resulta moi destacada no primeiro cadro e nos textos inicial e final do exercicio que xenera turbación (e ben que a provoca, especialmente nos monólogos de Estevo e Lucía).Todo sen contar coa sua acreditada capacidade para os dialogos incomunicantes en alemán castizo ( de Baden Baden ou Coirós Coirós non sabería dicir) ou como boneca hiper mega novísima.

Ah, claro, o tema. Incomunicados por empregar códigos diversos; incomunicados por aceptar únicamente que comunicamos nos pero non aceptar a comunicación dos outros; incomunicados cando "comunicamos" para enganar, para ferir, para humildar; incomunicados cando consciente ou inconscientemente introducimos distorsións e ruidos na nosa mensaxe; incomunicados cando non sabemos recoñecer ao emisor; incomunicados cando perdemos a dimensión humana do acto comunicativo.

¡Vale de rollo! que non me pagan por facerlles propaganda. ¡Se tedes ocasión non vola perdades!¡paga a pena!

¡Eeeeso es todo ammiiigos!
Pola imaxe Tute
P.D. Unha alegría encontrar por alí a Noela e Zeltia ( indistinguibles y encantadoramente distintas como sempre) e a Angie Alonso,distinguida macufera (mágoa que sen o nariz colorado)
Hai un ano publicábamos en xiztoria

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Eres o espectador que todo o mundo querería, que capacidade de analise! :)

hoxe recoñeceusenos con 3 premios:

1. mellor actriz Coucheiro
2. mellor dirección Mequetrefees
3. mellor espectáculo, como o ano pasado, Mequetrefes


lu

xiztoria dijo...

Pois trinoraboa. Merecedeo.
Unha aperta polo vaso comunicante do blogue.

Anónimo dijo...

moitas graziñas pola noraboa pero sobretodo polo comentario. fainos moita ilusion cooñecer unha opinion tan ben fiada e exposta. alegrome persoalmente de toda esa informacion que parece chegou ao publico.
un saudo
coucheiro

Anónimo dijo...

Graciñas por acudir a incomunicar conosco e por facernos partícipe da túa impresión tan interesante ante este traballo tan mequetrefe!
Lituana dous nunca che foi de moito falar asi que o dito, graciñas! unha aperta.
Estevo

mequetrefesteatro dijo...

Co teu permiso (presuposto XD) colgamos a critica no noso blogue

lu

xiztoria dijo...

Tedes o meu permiso ¡presupuesto!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...