Ainda se sinten as risas polo insituto adiante. O pasado venres fixemos unha memorable sesión conxunta de inglés e historia . María Jose Pereira, a nosa lectora "alabamiense" Caitlin Murray, e o penoso profe sociais (o que co seu acentazo de Georgia levantou os risos que aínda se sinten) colaboraron para tratar de entender mellor a Declaración de Independencia de Estados Unidos en 1776.
Aquí deixamos un arquivo coa lectura da declaración que nos declamou amablemente Caitlin e un arquivo de texto coas actividades que fixemos.
En definitiva, a experiencia estivo moi ben o luns repetimos cos de 4º C.
No hay comentarios:
Publicar un comentario