A solemnidade raiolante do Dazaoito asosegaba nas mariñas galegas. O século: goberno petrucial de reises bós, devotos, cazadores, ministros de casaca coor cereixa rexindo amodiño o maino maestoso da Monarquía Absoluta. Lembraba un bosque secular e outonizo, dourado por un sol que 
Deseguida voltaba a solene calma do solpor demorado, e os xuristas e segredarios de despacho, os sabios e os proxectistas, vestidos ca casaca, rizados os encaixes, o sombreiro de salón baixo o
brazo, ideaban novas medidas pra maor felicidade dos pobos. A mar carregaba as despaciosas flotas de barcos que traguían as pedras extrañas, as madeiras ricas como as xemas, a prata dos aztecas e dos Incas. Prata barroca arrincada da entraña das montañas, tan outas que o alentar nelas é dificultoso, polos homes coor do cobre, tristeiros e saudosos, e polos negros relocentes como a noite suorosa na escuridade das minas. ¡A prata acuñada en pálidos pesos e amontonada en moreas nos soterraños das oficinas! O ouro das onzas, co perfil borbónico e as armas abranguendo os hemisferios. Un Gulfstream de ouro e prata batía nas costas ibéricas e súas escumas ían erguendo as fachadas barrocas, ordenaban as rúas feitas pró decorrer de oda ou de silva
, das procesiós e das festas. traballaban as madeiras dos coros e gardaban o grande vento dos órganos. Co ouro e a prata das Américas poderíase erguer unha catedral maxestosa, alapeada en apoteose soberbia polas raiolas longas, horizontás, verdecentes de mar, do sol quieto da monarquía do dereito divino.
OTERO PEDRAYO, Ramón; Os Camiños da Vida, cap.III.
No hay comentarios:
Publicar un comentario