Pareceme esta unha intuición acertada e non quero deixala pasar. Os conflictos bélicos son deseñados en despachos, sobre mapas que amosan territorios, que trazan fronteiras, pero que non mostran os campos sementados, a terra traballada, as rúas e prazas, as escolas e fogares, a mesa posta para o xantar...Os mapas non mostran humanidade porque están feitos a unha escala que reduce os mundos nos que viven as persoas a lugares estratéxicos. E as persoas que manexan mapas, como aquel xeógrafo do Principiño de Antoine de Saint-Exupery, non ve as rosas nin os baobabs, non lles interesan porque disque non son inmutables. Poñernos a pensar nas verdades inmutables, nos principios absolutos, moitas veces fainos desenfocar a realidade, impídenos ver o que de verdade é valioso, significativo, humano: a vida que xorde ao noso redor de xeito irrefreable, o poder transformador do amor.
Cando poñemos os ollos nas cousas, no externo a nós mesmas e organizamos a política en razón a principios alleos á humanidade ( poder, economía, territorios, fronteiras, estratéxias...) desenfocamos o importante, os valores propiamente humanos: a vida, o amor, o coidado, a orde interna e amorosa que nos move. So cando nos volvemos a ver a realidade dos corpos. o que amamos, o que é significativo para nós (como era significativa a rosa para O Principiño), estamos en condicións de facer políticas de paz."
Marisa Vidal Collazo; Facendo política a paz. As mulleres e as guerras. Encrucillada nº169.2010
2 comentarios:
Cando eu era pequena pensaba que as guerras non existían e que todo era un invento das pelis dos domingos nas que sempre se estaban a pelexar ou os alemáns ou os do oeste!
Ainda che tardei tempo en decatarme de que existían, o malo é que non teñen millor argumento para existir que os das pelis, e sobra decir que sigo sin entender por qué existen.
O que dis dos intelectuais ten certo sentido, sobre todo si pensamos que a meirande parte deles non van ás guerras e pensan que os que morren son os outros. Ainda así non me caben na cabeza as guerras...vexo as rúas tranquilas e non me entra na cabeza que a unhas horas de avión a xente non poida sair á rúa sin medo dunha bomba ou un disparo.
Unha aperta e boas vacacións.
Eli.
Gracias Eli polos desexos. Xa de volta coincido coa percepción das guerras. Próximamente penso colgar un texto interesante sobre como ven-viven os nenos as guerras.
Unha aperta tamén
Publicar un comentario