Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

23/12/10

O Colonialismo e a IIª Internacional. Un bo traballo de Andrea Montero

(...) O Congreso, constatando que polo xeral se esaxera fortemente, en especial entre a clase obreira, a utilidade ou necesidade das colonias, non condena en principio e para sempre toda política colonial, que nun réxime socialista poderá ser unha obra de civilización(...) (Intervención de Van Kol)

(...) A política colonial capitalista, pola súa propia esencia, necesariamente conduce á servidume, ao traballo forzado e á destrucción dos pobos indíxenas baixo o réxime colonial(...) A misión civilizadora proclamada pola sociedade capitalista non é máis ca un pretexto para cubrir a súa sede de explotación e de conquista, que lonxe de aumentar a capacidade produtora das colonias, destrúe as súas riquezas naturais(...) (Intervención de Kautsky)


Neste documento do Congreso de Stuttgart en 1907 sobre o debate do colonialismo plásmase a oposición que se produciu ante a expansión imperialista dos principais países europeos, claramente ligada ás necesidades do capitalismo e a Internacional (gran foro de debate dos problemas que afectaban o movemento socialista), entre as posturas do movemento obreiro fronte ao colonialismo, o que configurou este outro gran debate.

Nun primeiro lugar, Van Kol intervén neste Congreso limitándose a criticar as accións dos colonizadores sen cuetionar tan sequera o sistema en sí. Tamén defende a colonización como factor positivo de civilización xa que menciona: " Nun réxime socialista poderá ser unha obra de civilización" .

Por outra parte, Kautsky denunciao como unha forma máis de explotación capitalista xa que di que a misión civilizadora proclamada pola sociedade capitalista non é máis ca un pretexto para cubrir a súa sede de explotación e de conquista. Tamén defende a obriga de combatelo e potenciar nas colonias a revolución socialista.

2 comentarios:

Heladio dijo...

Si. todos querían (e queren) civilizar (adoutrinar). Que pouco civilizados!

xiztoria dijo...

As palabras e as súas trampas.

Feliz Nadal.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...