[...]
cando chegamos alí lembro que tiramos moitas fotos, fotos que fitarán obscenas dentro doutras fotos. Nalgunha delas ha reptar aquela fina ironía forxada na boa letra dos perdedores
Arbeit macht frei
mentres os vencedores rexentan as visitas guiadas ao inferno, a ortopedia de amoreables souvenirs que ameazan con esmagar dunha vez por todas unha raquítica memoria
volta contra eles
porque non lembro un só número daqueles seres
nin a súa negada ata a extenuación beleza de autómatas
nin dentro deste texto, nin dentro daquel texto que os exclúe para sempre.
Estíbaliz Espinosa; "número e", Espiral Maior, 2004
NOTA. Casualidades propiciadas pola música permitíronme compartir coa autora a mesma visita e conmoción en Auschwitz
No hay comentarios:
Publicar un comentario