Poucos praceres podían compararse, para Mr Cotton con este de chegar a casa para calzar as chinelas en chanclas mentres tomaba o café quentiño preparado por Mary, a fiel criada, e mentres soaba de fondo a música de piano que interpretaba Emily.
Neses momentos de paz familiar deixábase levar pola música e por eses pequenos praceres mentres pensaba no lonxano día, había 27, anos en que chegara do campo, á penas co posto, á cidade.
Traballo arreo, algo de sorte, inagotable capacidade de supervivencia e un sentido do aforro só entendible nunha persoa que, ao principio, á penas gañaba para comer. Todo isto fixo de John Cotton un membro respectable da comunidade. Propietario da súa casa. Dono dunha pequena, pero próspera, fábrica de máquinas agrícolas. Casado coa filla menor dun nobre arruinado, pero aínda con contactos útiles para botar a andar o negocio aos principios.
John remexía ruidosamente a culleriña cando o ladrido garimoso do fiel can que o acompañara nos primeiros momentos da súa chegada á cidade sacouno dos seus pensamentos.
.- ¡Que hai Coke!
No hay comentarios:
Publicar un comentario