Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

30/1/11

HERRÍA by Kepa Junquera. (Matigelmo dixit)

Escoitei falar por primeira vez de "Herría"(Pueblo) de Kepa Junquera en Radio 3 pero, a verdade, non tiven ocasión para prestarlle atención nese momento. Logo escoitei a Carlos Castellanos (lequeitiano-ipastarra de pro) falar moi ben do disco mentres devorabamos unha Candi-tortilla-de-pataca. Finalmente a querida Concha fíxomo chegar (Sin De). Con amigos así...


Herría é un proxecto no que o músico vasco percorre o mundo para grabar cancións tracionais do folklore vasco pero cantadas por outros pobos.Eu no vos son especialista en música ( nin en nada) pero o certo é que só dunha primeira escoita tamén quedei impactado. Non vou dicir que me gustase todo o que escoitei, pero tamén é certo que como tódos os discos hai que darlle varias voltas.
O que si podo dicir é a sensación que tiven dende o primeiro momento. Aquí Kepa aposta por darlle a outros pobos a voz do seu. Poñer na voz doutros o noso propio texto. Aprender como sona o noso noutra gorxa diversa. Seguramente haberá quen vexa neste disco unha herexía pero, de selo, será contra a ortodoxia dun ombliguismo excluinte e incapaz de ouvirse contar por outras voces.
Escoitaredes o "Boga, Boga" tradicional (que tantas veces teño cantado) con arreglos que recordan ás bandas calexeiras de New Orleans. "Egun de Santi Mamiña" acompañado polas voces e o tambor de tribus das pradeiras norteamericanas. Foi, de verdade, emocionante. Outras... ( sen querer sentar criterio) non me gustaron tanto, por exemplo unha versión do "Ator Ator" que ao meu parecer queda feita unha cancionciña de troula perdendo a emoción orixinal.

En fin, non podo menos que recomendar adicarlle algúns ratos a este disco. Agardo que o disfrutedes coma min.



No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...