Propoño un feixe ( paquete) de actividades para que as vaiades facendo. Non teñen obxectivo avaliatorio pero compre que cando rematedes cada unha me chamedes para comprobar que vai correctamente. Igualmente debedes facelo cando algo non entendades.
1.- Propoño que empecedes por botar unha ollada ao mapa do imperialismo nun mapa interactivo que vos adxunto picando neste enlace.
2.- Este traballo primeiro vai preparando o camiño para que poidades facer un exercico de emparellar territorios coloniais e metrópoles.No seguinte enlace.
3.- Imos centrando a atención. O imperialismo en África é un dos temas clásicos desta parte da historia. A actividade que cos propoño traballa sobre un mapa colonial para identificar algúns territorios. Pica neste enlace.
4.- Fagamos agora un traballo máis ambicioso. Trátase dun "mega-test" onde trataremos os imperialismos en África, en Asia, os casos norteamericano e xaponés. Podes atopalo picando neste enlace.
5.- Algo máis: unha caricatura de época para reflexionar sobre un proceso imperialista peculiar.
Picando neste enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario