Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

5/3/11

Cine para a fin de semana: "Sacco e Vanzetti" (saudos dende Gubbio)

Falabamos en clase da prosperidade aparente dos "happy twenties". Esta película e os feitos que recorda son un bo exemplo desa apariencia da que falabamos. Hai crecemento económico pero os beneficios non se reparten por igual. Moitos traballadores asalariados malviven con salarios cada vez máis minguados á vista dun alza maior dos prezos.

E entre os asalariados os inmigrantes(¡como cambiaron as cousas?). Se, por riba, son anarquistas daquela o pecado e o crime é completo. Iso é o que lles pasou a Nico Sacco e Bart Vanzetti: asalariados, italianos e anarquistas ¡pleno! Todo nunha sociedade na que empeza a prender con forza a ideoloxía WASP (white-anglosaxon-protestant) a exclusión pura e dura.

Finalmente, Sacco e Vanzetti, logo dun xuizo sen ningunha garantía rematan por seren.... (¡huy! non volo conto que estropeo a peli, mellor o vedes vos mesmos/as)

Agora deixovos cun fragmento do alegato final dos acusados. E dous fragmentos da banda sonora. Unha delas nada menos que de Ennio Morricone e interpretada por Joan Baez, a "Balada de Sacco e Vanzetti". Cada vez que a escoito non podo reprimir un calafrío.




No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...