20/3/11
De xogar ao límite ao acabouse. O crac de 1929 en viñetas.
Esta imaxe foi publicada o 15 de novembro de 1929. Reflexa o descalabro da Bolsa e, con ela, a ruina de tantos americanos ( incluída a criada) que especularon na Bolsa nos "roaring twenties". O título da imaxe fai referencia a unha expresión comercial en inglés:"Buying on margin"
Trátase dunha técnica de risco que supón a compra de valores con diñero emprestado, usando as propias accións como garantía. Usualmente realizase utilizando unha "conta de marxe nunha casa de valores. Na época do grande crac de 1929 este tipo de actuacións á penas estaban reguladas polo que deron lugar a operacións sumamente arricadas que levaron á Bolsa ao descalabro de outubro de 1929. Hoxe está suxeitas a regulacións bastante estrictas.
O 6 de decembro de 1929 aínda hai quen (o tío Sam, a maioría dos americanos) ten esperanzas de que "papa Noel" traia a normalización do mercado de valores, da Bolsa ("Normal Stock Market"). Por iso dirá "just what he wanted" ( precisamente o que el quería). Cando menos ese era o desexo que ilustraba William Kemp Starrett.
Pero o 27 dese mesmo mes o mesmo Starret titulaba "Finish". Co ano marchaban á papeleira do lixo as esperanzas depositadas na recuperación do negocio bolsístico. Finalmente todo convertido en papeis que non valen nada( como as tiras que saían das máquinas, especie de teletipos, que informaban puntualmente da evolución dos valores na Bolsa)
Tomo as imaxes dun magnífico blog,Arquelaus,.Neste caso "A Gran Depresión en imaxes"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario