Estes días en que nos achegamos ao segundo parcial da primeira avaliación, coincidindo cos seus estudos de doutorado, incorpórase ás nosas clases en Betanzos, dende a universidade de Pifiendorff en Pitufosland, a profesora Tómasa Lero( á que podededes mirar na foto adxunta hai dous anos con algunhas aplicadas alumnas).
Ante a proliferación de octavillas no instituto que reclamaban "APROBADO XERAL en Historia de España para os de ciencias (as de verdade), sen ter que recurrir a Navidul" decidimos solicitar a súa axuda como grande experta en exames na época de antroido.
E claro, non é doado para un profe que sempre foi de letras, e malamente unilingüe, adaptarse . En calquera caso propúxenlle a Tómasa Lero un traballo conxunto para reflexionar en métodos que nos permitiran avaliar a este tipo de alumnado (os de ciencias) empregando métodos e un estilo que estea máis perto dos seus hábitos ( ¡por facilitarlles...!, aínda que non lles fai falla) O resultado foi o seguinte examen (por suposto, fica disponible para outros profesores ou profesoras coa mesma "poblemática")
1. Durante o reinado de Fernando VII ¿cal é a porcentaxe de anos que gobernou como monarca absoluto e cal a que gobernou como monarca constitucional? Contabilizando ambas maneiras ¿que porcentaxe total de anos gobernou?
2. O fillo varón de Fernando VII, Luís de Bourbon, morreu á idade de 60 anos. Luís tiña 11 anos menos que a súa irmá ( que logo herdaría o trono co nome de Isabel II). A susodita Isabel casou, á idade de 30 anos, o mesmo ano que tivo lugar o Abrazo de Vergara. ¿En que periodo do reinado de Fernando VII naceu Luís?¿Que ano morreu?
3. Coñecendo que a presión é o resultado da relación entre a forza empregadada e a superficie sobre a que se aplica (P= F/S), calcula o seguinte problema:
Durante as guerras carlistas o bando isabelino controlaba o 69% do territorio nacional, o que supuña 345.000 kms2 do territorio peninsular . O exercito isabelino contaba cunha forza ( sumadas cabaleiría e infantería) de 696.969 homes.
¿Cal foi a presión exercida polo xeneral Espartero contra o peito do xeneral carlista, Maroto, no coñecido como "Abrazo de Vergara" (“Vergara`s Hug”) ?
4. Observa o seguinte eixo de coordenadas. O eixo de abscisas refírese ao grado de acordo coas teses liberais. O eixo de ordenadas reflexa o grado de acordo coa centralización do territorio...
4.1.- Sitúa na gráfica as seguintes coordenadas
a.- ( 2, 3 )
b.- (-1,1 )
c.- ( 5, 5 )
d.- (-5, 4 )
4.2.-Asocia cada punto cun dos seguintes personaxes: don Carlos, Isabel, Fernando VII, Espartero
5. What’s the spanish for: “let`s walk , me the first one , the constitutional path”. Who and when uttered this sentence? How many "prime numbers" are there in this sentence? What`s the diference between "prime" and "cousin"? Do you know any Fernando's cousins or friends?
No hay comentarios:
Publicar un comentario