Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

19/12/11

xiztoriadoras/es polo mundo adiante

1.- Estaba o outro día en clase de 1º BAC buscando no meu pendrive uns materiais cando pasei por unha carpeta na que conservaba un relato breve  de Diego(negro) Salgado. A súa irmá que o víu pedíume ler ese relato  e gracias a isto puiden enterarme de que está a piques de publicar un pequeno libro.

2.- A nosa querida, e nunca suficientemente ponderada, Raquel Vázquez percorre o mundo gañando premios (Etnosur, Addison de Witt) e tamén publicando nos sitios máis insospeitados, mesmo "por el envés del tiempo"

3.- Acaba de presentarse en Miño "Nicanora retrovintage" unha proposta de moda "zéltica" (se non a confundo coma semrpe)

4.- A nosa mequetréfica cómica da legua Lucía Abarrategui tamén estrea obra como agora veredes.

De seguro que tantos e tantos que algunha vez estiveron mirando para este blog seguen por ese mundo adiante facendo cousas que, aos que temos o corazón brandiño, nos alegrarían   . Para todos e todas elas un recordo: acordeonistas, psicólogos, educadores y educatrices sociais, mestres e mestras, filólogos, raros historiadores/as, viguesas estudiantes de "Ciencias del Bar", doutoras, enxeñeiros/as, degustadoras de chocolate perugino...

De momento... este post para Luinthesky. ¡que lle vaia ben! co seu: 
"O Cabaleiro de Olmedo"
A Aula de Teatro da USC estrea esta obra escrita por Francisco de Monteser e editada no ano 1651 en Alcalá, con algunha adición respectuosa para a súa posta en escena 
Horario: 20 de decembro de 2011  21:00  
Lugar: Salón Teatro Rúa Nova, 34 
Prezo: Entrada de balde previa recollida na billeteira que estará aberta desde as 18.00h 


DIRECCIÓN
Roberto Salgueiro
ELENCO
Lucía Abarrategui, Cristina Amboage, Carla Capeáns, Patricia Coucheiro, Estevo González, Fran Paz

http://auladeteatrodausc.wordpress.com/

4 comentarios:

Raquel Vázquez dijo...

Me alegra leer esta entrada colectiva, ver cómo los antiguos (y también un poco viejos ya xD) xiztoriadores vamos poco a poco cumpliendo etapas, objetivos y, por qué no, también sueños.

Espero no "mancharla" mucho con esta puntualización: mi paso por el Addison de Witt se quedó en simple intento, el premio le corresponde a otros. La verdad es que tal como aparece en internet es lo que da lugar a pensar (nada, alguien que quiso su minuto de gloria y se llevó el premio a la expresión).

crisisocial dijo...

Que genial abrir xiztoria y enterarte de lo que hacen los compañeros del "insti", jeje.

Gracias a ese xiztoriador que siempre está alerta y se hace eco en este muro.


Abrazo a todos

xiztoria dijo...

Gracias ás dúas por seguir mirando por aquí. Sinto a errata do premio de Raquel ( e máis que non sexa certo o que eu dicía)

Sobre todo unha alegría se segir en contacto.

xiztoria dijo...

"de seguir" quero dicir

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...