A fortuna (escrita con "f" de Francisco) fixo hoxe caer nas miñas mans o libro que so coñecía pola referencia de palabrasmaldichas. Paréntese: nada como ter o libro na man, máis se se trata dun libro ilustrado.
Disfrutei co poema, cos xogos de palabras de Ángel González, coa inocencia da poesía. Disfrutei coas ilustracións de Valeria Docampo cheas tamén de poesía, fermosísimas.Pero tamén hei dicir que dende o primeiro momento a atmosfera que creaban ambos, a paleta de cores que predominaban na palabra e na imaxe trasportoume aos cadros de Urbano Lugrís. Outro gran poeta, como Ángel, como Valeria. Vos xulgaredes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario