(pica nas imaxes para ver con máis detalle)
MULLERES EN PÉ GUERRA.
A imaxe da muller nos carteis da I Guerra
Mundial
A PROPOSTA
·
O traballo que propoño estaría destinado a rastrear nos carteis de
propaganda da I Guerra mundial e nos anos posteriores o papel das mulleres no
conflicto e, posteriormente, ver as consecuencias que tal situación tivo para a
súa posicición social.
·
Trataríase de describir e interpretar os rasgos principais da imaxe que
estes documentos transmiten sobre a muller e elaborar un texto que vaia
enlazando e contextualizando eses datos referíndose a carteis concretos.
A FORMA
Pode
facerse entre dúas persoas. Unha realizaría o relacionado co periodo da
guerra e outra o relativo ás consecuencias do conflicto para o rol da
muller
Podería facerse como unha presentación (impress-powerpoint) ou como un traballo clásico escrito ( aínda que se pode entregar en formato dixital para evitarse unha impresión cara)
Podería facerse como unha presentación (impress-powerpoint) ou como un traballo clásico escrito ( aínda que se pode entregar en formato dixital para evitarse unha impresión cara)
En calquera caso o traballo
debe incorporar:
1
Unha portada con algunha/as imaxes seleccionadas, o título e o Nome da
autora
2
Un índice que sinale a distribución de partes e a paxinación das mesmas.
3
O texto do traballo que deberá integrar un texto explicativo e as imaxes
que serven de
fonte documental principal.
Neste, que é o Corpo principal do traballo compre redactar unha introducción e
rematar cunha conclusión
4
Finalmente, indicar as fontes das que se sacou a información: citas de
libros, direccións de Internet…
A PROPOSTA DE ESQUEMA DE DESENVOLVEMENTO DO TRABALLO
1. En primeiro lugar
compriría contextualizar a I Guerra Mundial como unha guerra especial con
rasgos que a fan diferente doutros conflictos anteriores
2. De seguido habería que
ver os diferentes papeis que se reservan á Muller no conflicto.
a.
Hai una parte da propaganda que insiste no tradiconal papel da Muller
como esposa e nai dos combatentes, apoio moral, recordo motivador para o
combatente. Neste senso atoparémola na casa cos fillos, recibindo cartas da
fronte, facendo chamadas ao patriotismo… Esta presentación non difire do
tradicional rol da Muller nas sociedades tradicionais.
b.
Na mesma liña atoparemos unha presentación da muller participando
activamente na propia guerra pero nun papel tradicional, o de enfermera.
c.
Pero a I Guerra Mundial comeza a presentar á Muller como un factor activo
na guerra, especialmente no mantemento do aparato económico agrícola (
Women’s Lands Army) e industrial(especialmente na industria bélica) na
retagarda. A Muller pasa a ser vista como traballadora mesmo a asociarse ou ter
os seus propios símbolos( o triángulo azul das mulleres traballadoras en USA)
3. Finalmente deberían
tratarse as consecuencias que se van derivar deste novo papel da muller.
Seguramente a máis importante será a reivindicación do voto que se vai ir
estendendo por boa parte de Europa ao remate da guerra. Pero tamén nunha
liberalización das costumes en hábitos de vida, formas de ocio, de vestir… e o
fortalecemento e expansión do movemento feminista.
FONTES DOCUMENTAIS
ESTUDOS
§
http://es.paperblog.com/la-emancipacion-de-la-mujer-y-su-papel-en-la-primera-guerra-mundial-502954/
CARTELES
I. Mulleres na
guerra
II. Consecuencias
. O dereito a votar
No hay comentarios:
Publicar un comentario