O mundo de entreguerras é o do lanzamento do consumo de masas, do alegre cabaret e a música lixeira pero tamén da marxinalidade social. Ista "cara B" é o que vemos na película de Charles Chaplin "El Chico".
Este foi o primeiro esforzo que Charlie Chaplin fixo no mundo da longametraxe (47 minutos, para ser exactos), e non hai máis que mirala para saber que se estreou estupendamente. Naquela época, a sociedade norteamericana ocultaba a vida dos marxinados, moi dura nas sociedades ricas. Chaplin sacouna a relucir nesta película con todo o humanismo que o caracteriza. A historia, en parte, é autobiográfica Concretamente, podese ver na escena en que os do internado veñen para levar ao chico. Trátase do recordo de cando o propio Chaplin e seu irmán Sydney foron recollidos do mesmo xeito e levados a un internado.
A idea de engadirlle esta melodía de Moustaki é de Mariño .
No hay comentarios:
Publicar un comentario