Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

14/1/08

PRACTICANDO TEST

Como fixemos outras veces vos ofrezo unhas preguntas en forma de test para practicar o que os de 2ºE farán o martes e o resto o venres. (Dúbidas on -line no taboleiro,en vivo i en directo na clase)

No 1837 gobernaba
a.Isabel II baixo a rexencia da súa nai María Cristina
b.Isabel II baixo a rexencia do xeneral Baldomero Espartero
c.Isabel II xa coa maioría de idade recén estreada
Na Constitución de 1837 os Concellos…a.Nomean seus alcaldes por medio da votación popular
b.Teñen alcaldes nomeados polo Gobernador Civil
c.Elixen seus alcaldes dunha triple lista proposta polo Gobernador Civil
A Lei Paccionada de 1841 trataba de solucionar…
a.O problema dos dereitos particulares (forais) de navarros e vascos admitindo algúns para os primeiros, os segundos foron totalmente suprimidos.
b.O problema do inquilinato por medio dun pacto entre propietario e alquilador que beneficiaba á burguesía dona dos inmobles
c.O problema da soberanía establecendo un pacto entre a Coroa e a Nación que dará lugar á teoría da soberanía compartida.
A Constitución de 1845 reflexa á perfeccion a ideoloxía…
a.Do liberalismo moderado doutrinario
b.Do liberalismo unionista (centrista entre moderados e progresistas)
c.Do liberalismo progresista doutrinario
Na Constitución de 1845 o tema relixioso entre a Igrexa e o Estado resólvese…
a.Declarando a total separacion aínda que apoiando especialmente á Igrexa Católica
b.Declarando a confesionalidade do Estado español e a prohibición doutros cultos
c.Por medio do Concordato de 1851 no que Igrexia e Estado declaranse independentes
En 1854 podemos falar de revolución e non simplemente de pronunciamento porque
a.Uníronse as forzas da Coroa e dos moderados para derrocar ó réxime progresista de Dulce e O’Donnell de 1845 co apoio do pobo.
b.O pronunciamento de Dulce e O`Donnell veu precedido por unha grave crise no parlamento, e seguido por un levantamento popular urbano e a formación de Juntas.
c.Por primeira vez na historia de España os iniciadores do movemento foron as clases populares urbanas reunidas en Juntas ás que se sumaron despois xenerais como Dulce.
Nos pactos de Ostende e Bruxelas …
a.Os unionistas decidiron a política exterior en Conchinchina, Marrocos, México e Pacífico
b.A oposición ós moderados e á Coroa decide a unión para derrocar a Isabel II
c.Acórdase a Vicalvarada pola que Isabel II deixará o poder pero poderá ir á Conchinchina
No periodo que coñecemos como “Sexenio Democrático” sucédense estes modelos de Estado:
a.A Monarquía doutrinaria de Amadeo e máis a República
b.A República federal unitaria e máis a Monarquía amadeista
c.A Monarquía democrática de Amadeo, a República federal e a unitaria presidida por Serrano
Na constitución de 1869 Congreso e Senado son elexidos…
a.O primeiro or sufraxio universal directo e o segundo por sufraxio censitario directo
b.O primeiro por sufraxio universal inderecto e o segundo por sufraxio censitario directo
c.Ambos por sufraxio universal, solo que no Congreso é directo e no Senado indirecto
Entre os republicanos había diferentes tendencias entre as que cabe destacar…
a.Republicanos gradualistas e republicanos intransixentes
b.Republicanos dinásticos e republicanos federais (gradualistas e intransixentes)
c.Republicanos unitarios e federais, e dentro distos, gradualistas e intransixentes
Na primeira República, Salmerón tivo que facer fronte as guerras…
a.Cantonalista, carlista e cubana
b.Cantonalista e carlista
c.Carlista e do ’98 contra EEUU

Solucións: a,a,a,a,b,b,b,c,c,c,a





NOTA. As dúas últimas preguntas corresponden a unha materia que non "entra" para os de 2º E.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...