Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

15/1/08

Solución ó test de 2ºE

1. Na Constitución de 1845 a Coroa…
a.Xoga un papel pouco importante porque trala caída de Espartero e seu goberno dictatorial o pobo non aceptaba un goberno monárquico forte
b. Xoga un papel importante pero sempre supeditado ás Cortes, especialmente ó Senado, e á posibilidade de non ser renovada polo sufraxio censitario.
c. Xoga un papel protagonista porque comparte soberanía coas Cortes e participa do lexislativo nomeando ó Senado e ó executivo nomeando ó Goberno.

2. A idea principal da reforma tributaria de Mon e Santillán foi…
a. Que se simplificaran os impostos en dous grandes tipos: directos (sobre o patrimonio e a renta)e indirectos (sobre o consumo).
b. Que houbera básicamente dous tipos de impostos: sobre o patrimonio e a renta (recadados indirectamente polo Estado) e sobre o consumo que o Estado recolle directamente.
c. A distinción entre territorios forais que só recadan impostos indirectos e o resto do país onde o Estado recolle impostos sobre a renta (directos) e sobre o patrimonio (indirectos)
3.A oposición ó réxime de 1845 virá principalmente…
a. Dos nacionalistas catalanes e vascos do movemento rexionalista e dos carlistas que inician a segunda Guerra Carlista co pronunciamento de Solís.
b. Dos progresistas mediante pronunciamentos, e dos carlistas(inician a “guerra dos matiners”)
c. Dos carlistas dende a dereita e dende a esquerda dos progresistas, ás veces con reivincidacións protonacionalistas como no caso de Solís en Galicia

4. Os problemas que tivo Amadeo de Saboia para gobernar viñeron…
a. Da desunión entre os monárquicos do goberno(unionistas, progresistas e demócratas) e maila oposición do carlismo e os republicanos.
b. Da oposición pola dereita dos carlistas (Terceira Guerra Carlista) e pola esquerda dos republicanos.
c. Da inestabilidade provocada en España pola presencia do futuro Afonso XII reclamando seus dereitos e da oposición dos republicanos.

5. Na Constitución de 1837 …
a. Hai unha ríxida separación de poderes, como na de 1812 o 1873
b. Non hai total separación de poderes porque o Rei ten funcións lexislativas
c. Non recoñece a separación de poderes porque todos están supeditados ás leis

6. A Constitución de 1845 reflexa á perfeccion a ideoloxía…
a. Do liberalismo moderado doutrinario
b. Do liberalismo unionista (centrista entre moderados e progresistas)
c. Do liberalismo progresista doutrinario

7. A soberanía na constitución de 1845 recae..
a. Na nación exclusivamente, aínda que na práctica a Coroa xoga un papel determinante
b. De maneira compartida entre a Coroa e as Cortes como representantes da nación
c. Na Coroa que outorga parte de atribucions ás Cortes (propiamente non é unha Constitución
8. O proceso da Revolución de setembro de 1868…
a. Iníciase coa formación de Xuntas revolucionarias nas cidades e nos campos que obrigan á fuxida da raiña e a formación do goberno provisional que preside Prim.
b. Se inicia cun pronunciamento seguido da formación xuntas revolucionarias e levantamentos campesiños e a formación do goberno provisional presidido por Serrano
c. Iníciase co Goberno Provisional de Serrano para seguir coa monarquía de Amadeo e posteriormente a República.

9. Entre as medidas adoptadas polo goberno provisional que asume o poder trala revolución de 1868 destacan:
a. A disolución das Juntas revolucionarias , a proclamación de liberdades como expresión, culto ou reunión, e medidas económicas como a reanudación da desamortización ou a creación da peseta.
b. A creación da peseta como unidade monetaria , a creación de Juntas revolucionarias e a proclamación de dereitos considerados fundamentais como de asociación e reunión, o de culto e a liberdade de expresión.
c. A desamortización, fundamentalmente civil, realizada polo ministro Madoz e a proclamación das liberdades de culto e reunión, xunto coa creación da peseta como unidade monetaria.
10. No periodo 1854-1856 ten lugar a Desamortización de Madoz pola que…
a. O Estado pon á venda algúns bens eclesiásticos e os ben de propios e comúns dos Concellos
b. O Estado compra, para logo poñer en pública subasta, os bens comunais dos Concellos e algúns bens da Igrexa (Ordes Militares, casas de beneficencia)
c. O Estado declara libres no mercado os bens principalmente eclesiásticos e algúns comunais dos Concellos ( a maioría destes últimos xa foran desamortizados por Mendizabal)

11. Segundo a Constitución de 1869 España organízaríase como…
a. Unha Monarquía hereditaria
b. Unha República unitaria
c. Unha República federal

12. O réxime político que se inaugura en 1837…
a. É un réxime doutrinario moderado que substitúe ó progresista do Estatuto Real de 1834
b. É un réxime progresista que tra-la revolución abandona o conservadurismo do Estatuto Real
c. É un réxime doutrinario progresista que abandona o moderantismo doutrinario de 1834 e Estatuto Real.

13. Na Constitución de 1837 a soberanía recoñecese …
a. Na nación como era típico dos doutrinarios progresistas
b. Na nación e na Coroa, soberanía compartida como defenden os moderados
c. Na nación, aínda que na práctica a Coroa xoga un papel político determinante.

15. O Senado na Constitución de 1845 é elexido directamente…
a. Polo monarca entre a aristocracia, dado o carácter moderado doutrinario desta constitución
b. Polo monarca dunha triple lista presentada polos electores de cada provincia
c. Por sufraxio censitario polo pobo, como corresponde a unha constitución progresista

SOLUCIÓNS Ó TEST.

1c,2a,3c,4a,5b,6a,7b,8b,9a,10a,11a,12b,13c(a),15a

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...