Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

15/5/08

Carta casinadacensurada para neouniversitari@s xiztóric@s


Pequena historia do texto que agora vos ofrezo. Rebeca é unha das miñas ex-alumnas queridísimas de Sada. Cada 25 de abril pola Revolucións dos caraveis poñémonos en contacto. Este ano inviteina a visitar este blog e ela correspondeume con un mail que me gustaría que lérades "casinadacensurado". Toda unha invitación á utopía, que non ao conformismo ou ás torres de marfín entederíades o que quero dicir se a coñecérades sempre loitadora(agora contra o Plan Bolonia, sempre por algo xusto) Para que vos vou dicir o que engorda un vello profe cando lle escreben isto. Imos á súas palabras:



Hai cousas que non cambian... Existe o prexuizo de que o tempo o leva todo: esperanzas, ilusións, hábitos, horizontes... Eu non o creo. O contrario, penso que unha persoa que ten un tipo de conciencia igualitaria, xusta, altruista e demáis utopías que conviven na súa cabeciña "inmadura" e "soñadora", máis loitará para que o Tempo, ese grande inimigo aliado, lle axude a moldealas paseniñamente para poder aplicalas na súa vivencia cotiá.

Eu avogo por ese soño, e gosto -aínda que peiorativamenteme tilden de soñadora- de exercer ese título (é máis, gustaríame que fose recoñecido institucionalmente para así o día de mañá ser "licenciada en soños". Imaxinaste a placa laboral? REBECA ROCA, SOÑADORA ;-)

... A mentalidade non se vai escapando pola carcoma gastada dos anos conservadores. Non é certo que "quen non é roxo de xove non ten corazón, e que non é de dereitas de adulto é que non ten cabeza". Gilipolleces. O que non loita por un mundo xusto de adulto non é que teña cabeza (ou sentidiño, como dicía moncho), é que non ten sentimentos, nen humanidade, nen ollos. É máis, cada vez estou máis convencida de que os homes e mulleres adult@s teñen infartos polo mero feito ter atrofiado o corazón de tanto ignoralo (xa sabes a que me refiro...)

Por iso gosto tanto do 25 de abril: a revoluçâo dos cravos, a festa das flores...o día d@s soñador@s. Trocar o cravo (o medo, a opresión, a negrura do silencio imposto) polo cravo vermello (esa esperanza en forma de flor, a ilusión, a xustiza, o amor, a irmandade e sororidade, a igualdade...a liberdade).

Debo confesar, cando fun a xiz-toria non puiden reprimir as bágoas e a sonrisa (maravillosa combinación) ó ver esa "lembranza", esas imaxes, esa música. Sempre hai que estar a dar ánimos, a apelar á esperanza, a dirixir as nosas miradas cara eses "horizontes éticos"

O 25 de abril non é un día, é un símbolo: o símbolo dos cravos vermellos na boca dos fusís (que fermosa feminización das loitas, sen dúbida, o disparo da flor é moito máis efectivo e ferinte que calquer impacto de plomo: a flor faiche ABRIR os ollos, ilumínache o rostro, arrecende a humildade... o caravel vermello, como o sangue, como o pensamento, como o corazón...), é o símbolo tamén da xustiza, do povo portugués liberado por sí mesmo -e sen mortos a quen chorar-, o símbolo da paz, da esperanza, e tamén, o símbolo das persoas.


PD Por certo, moi boa a xiz-toria. En canto a Galiza Ulises ou Penélope, aínda que gosto das apaixoantes aventuras do guerreiro, como boa feminista que son avogo por considerar á miña terra como nai, como paciente muller esperanzada (que cabronazo era ese ulises, eh), que como toda muller nesta puñetera vida, non adquire o recoñecemento merecido na súa dura laboura de texedora paciente. Máis eu trocaría o final: non vexo a necesidade de esperar por ulises (que ó fin e ao cabo, é un guerreiro), senón que recoñecería a súa propia tarefa de creadora de arte, de texedora de vida...o fío de ariadna a ilustrar o camiño do seu (noso) povo. non sei, pero penso que é necesario recoñecer a súa importancia como fiandeira (palilleira quedaría mellor, non?) do noso povo. Porque ao fin e ao cabo onde querrías que estivese o teo fogar: nun emigrante aventureiro incapaz de disfrutar a ítaca en sí (só o camiño, como diria kavafis) ou a unha muller repleta de esperanzas e valentía que fia unha gran tea, esa galiza como fío construido non só pola nosa nai -nosa historia- senón tamén pola noso propio fío que engade imaxes a esta tea, a esta ítaca (que gozosa é a quentura maternal forxada pola nosa penélope...)?eu,dende logo, o teño claro. Ademáis, gosto moito da canción de joan manuel... ;-)

1 comentario:

Anónimo dijo...

wow!! estupendo texto o da estudante de filosofía!! xD

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...