Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

17/5/08

Xosé Mª Álvarez Blázquez

Suxiro que leades este poema sen presa, como a mansa choiva que cae esta mañá do día das letras galegas. Podedes poñer como música de fondo (que atoparedes no "chismófono" que hay no lateral dereito do blog) "Rue des cascades" de Yann Tiersen (xentileza de Raquel que me descubríu no seu blog a este músico). Ah, e cando fiquedes no final da lectura, de seguro que non terá rematada a música... ¡ seguide á escoita !

Iste delor da terra que me raña
a outa cova dos soños onde teño
o meu segredo amor:
esta percura
de vieiros sen termo para o esprito
esligante de terra non andada;
este voar ás toas polos ares
do degaro, do afán, da señardade...

Iste querer e non querer, aeito
loitando por abrirse na fiestra
do pensamento; ista doente arela
dun día luminoso; iste desleixo
do corpo que me leva manseliño;
ista fondal anguria
de brétemas, en roda dunha espranza...
Ista saudade, ¡ai Deus!, si Ti ma deches,
non a tires de min, pois nela vivo.
Saudade, Xosé Mª Álvarez Blázquez

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...