Para contactar con xiztoria

Contacta con nós en: xiztoria@gmail.com

7/11/08

A viuva de Porlier en Betanzos

Morto Porlier o 3 de otubro de 1815, logo do seu falido intento de pronunciamento contra a restauración absolutista de Fernando VII, a súa viúva Dna. Josefa Queipo de Llano (marquesa de Matarrosa polo que Porlier é , ás veces, alcumado “O Marquesito”) é recluida no Colexio de Orfas de Betanzos.
En presencia dela faise inventario dos bens do difunto baixo a supervisión do escribano e significado realista Feliciano Vicente Faraldo. (de todo o isto fai detallada descripción o artigo de Vales Villamarín que empregamos como fonte nesta breve nota).
A viuva de Porlier dirixúise a Fernando VII solicitando a excarceración ó que o 1 de decembro de 1819 accede , “pero es su real voluntad que se la obserbe por las autoridades del punto en donde fixe su residencia”.
Supón Vales Villamarín que sairía do Colexio de Orfas o 21 de xaneiro de 1820 para A Coruña coincidindo coa extensión do pronunciamento de Riego secundado por Quiroga. Por este motivo foi recibida con múltiples atencións e levada en triunfo polas rúas principais da poboación entre os vítores dos coruñeses.
Pouco despois trasladouse a Madrid co seu irmán o significado liberal Conde de Toreno.

VALES VILLAMARÍN, “Breve noticia sobre el arresto de la viuda del general Porlier”, en Vales Villamarín. Obra Completa, Briga Edición, 2006. pxs. 658-664


P.d. O da foto, evidentemente, non é a viúva de Porlier.

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...