Nome……………………………......... nº de calorías inxeridas no último xantar.......................Tensión arterial........................... % de glucosa en sangue.................................................
1. En que corrente historiográfica contemporánea encadraría vostede ós seguintes historiadores: Vicens-Vives, Josep Fontana, Javier Tussell, José María Jover?
a) 125 voltios
b) 220 voltios
c) 125-220 voltios ( úsese con adaptador)
2. Cantos cabalos aparecen no coñecido cadro de Francisco de Goya “A carga dos mamelucos”(Dous de maio)? Relacione este número co desenvolvemento da gandeiría equina en Coirós-Paderne e Miño nos primeiros anos do século XIX ( non se exceder de 100 folios)
3. Que dous tipos fundamentais de movemento de deron na sociedade española no primeiro cuarto do século XIX?
a) zig-zag
b)curvilíneo
c) rectilíneo con aceleración constante
d) a modiño
4. En que número da rúa Viladomat de Barcelona están os talleres da editorial Teide onde foi impresa a magna obra de Jover, “Historia de España”?
5. Por ventura ¿saberá vostede a quen adica Palacio Atard a súa obra “La España del siglo XIX”
a)A Lola, mi mujer
b) A Lola, su mujer
c) A Nadie
d)Adicouna ao esquezo
6. Narvaez, ante os sucesos revolucionarios de 1848, promulgou unha lei de poderes excepcionais nos que amparou a súa dictadura legal, ¿que poderes excepcionais foron estes?
a) Ler o pensamento
b) Ver a través dos obxectos
c) Coñecer o futuro
d)Viaxar no tempo
7. Que compañía española tiña especial interés comercial nas ANTILLAS?
a) Danone
b) Chamburcy
c) Leyma
d) Central Lechera Asturiana
8. Podería decir –con números aproximados- as taxas de leite que bebían os nenos españois no Sexenio Revolucionario?
a) De dous a tres taxas
b) Unha taxita pequena
c) Un taxón
d) Unha taxasa
¡Non deixedes de ler a magna obra de José Máforo "A influencia dos mosquitos na guerra franco-prusiana"!
2 comentarios:
Julián, penso que vas ter que baixar o listón, así van escoller tod@s Filosofía en selectividade. Non é por nada, pero ese nivel non se esixía nin nas oposicións nosas!
Que bárbaro!
Espero que pasado o antroido te vires do dereito.
Yo no me lo sé, ya voy de cabeza a Filosofía ¡engorda menos!
Publicar un comentario